Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (15)

Ávila Soto, Federico - jueves, 30 de enero de 2025
19-04-1999

Estes días pasados non escribín nada por falta de tempo, entre ler os tres "A Nosa Terra" que chegaron un tralo outro en tres días, e escribir un artigo que fixen para mandalo á "A Nosa Terra" contestando a un que lin, pero que xa vai quedar aparcado porque, intentei facelo no ordenador que comprei, pero coma aínda non o sei manexar ¡perdín o tempo! Pero lendo o que leo, ¡se tivera tempo e tranquilidade!
Nos días pasados, uns avións bombardearon unha caravana de refuxiados que fuxían nos tractores cara Albania. Mataron uns 80, e igual que no caso do tren, os da OTAN dicían que eles non foron. Agora xa están a recoñecelo, e a dar todos os detalles da "equivocación" Ninguén lles chama asasinos, queda coma unha equivocación, aí si a "equivocación" a teñen os serbios, explotan todo para xustificarse e están a armar ao UCK, un grupo que empezou a desestabilizar o Kosovo, considerado por un senador americano un grupo terrorista fai xa anos, e agora son as nacións europeas e América os que financian, arman e axudan a un grupo terrorista. Ou sexa: que "terrorismo" só é, o que deciden estes países, cando e como a eles lles conveña. Agora coma se meteron na boca do lobo, convenlles un grupo terrorista, pero os que teñen no interior dos seus países, ¡nin falar do tema!
Onte e hoxe vin unha entrevista ao vice-presidente do parlamento Iugoslavo na televisión belga. Houbo un detalle que aclara moitas cousas. Contestaba dito señor ás preguntas e dicía: "mira, vos tedes que comprar obrigados os plátanos ás multinacionais americanas, que explotan o sur de América, e non podedes comprar directamente a todos eses países, porque os Estados Unidos de América os sanciona, e tedes que pagar as taxas de importación que eles poñen porque sodes escravos deles, pero nós, Iugoslavia, ¡non somos escravos dos americanos! Aí queda iso..., pódense sacar moitísimas lecturas destas manifestacións. Por exemplo: Europa quedou destruída despois da 2ª Guerra Mundial, os Estados Unidos de América veu ao final do conflito, cando xa Rusia estaba a piques de liberar Europa do nazismo e fascismo, chegan os americanos, e hoxe co seu cine, todo mundo pensa que quen liberou a Europa do fascismo e nazismo foi América. Trouxo cartos en abundancia para a reconstrución, e seguro que a metade de Europa está "colgada" en débeda con América, ou que o seu comercio está dirixido na súa maioría cara os Estados Unidos de América.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES