Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (14)

Ávila Soto, Federico - miércoles, 29 de enero de 2025
15-04-1999

Pola mañá vexo con sorpresa que me chegou "A Nosa Terra" do día 25 do mes pasado, no que en primeira páxina pon: "O Estado español en guerra", teño pouco tempo para ler, xa veremos cal é a liña que se sigue neste semanario. Penso que de todo haberá, sobre todo porque as opinións fórmanse en base a un descoñecemento das realidades do que se opina, e se basean máis na rede de intereses que plasma nos medios as tendencias a seguir, e aquí móvese un verdadeiro exército. Mirei un pouco a televisión, e xa están a dicir que a matanza de onte foron os serbios, e para iso xa están a mover diante da moviola a rapaces albaneses-kosovares que aseguran que foron avións serbios. A estafa é tan grande, que todo o mundo o ten que crer. ¿Pero, podo eu dicir cando vexo un avión polo aire se é ruso, americano, holandés, británico, turco, serbio ou de Marte ou Plutón? A esposa coa rabia xa apagou a televisión e foise a descansar á cama. Está anoxada de esta propaganda, de tanta mentira, está anoxada do mundo que nos rodea. ¡Sodoma e Gomorra están a vivir seus mellores anos de vida!
Á noite logo do traballo. Agora resulta que si, que foron os 19 "liados" os que mataron aos que din defender, ás cobaias que elixiron para montar a gran comedia. E mentres a Bolsa americana a subir tódolos días. E ata aquí, en Holanda abriron estes días unha Bolsa da industria tecnolóxica militar, con unha Feira de exposición das novas tecnoloxías. Toda a tecnoloxía avanzada da guerra aproveitando a mesma guerra, na entrada do edificio presentáronse pacifistas, saíu o director da Feira falando inglés, (nos Países Baixos) entrevistan a un vestido de militar falando inglés, e xogando cos simuladores de avións.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES