Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (13)

Ávila Soto, Federico - martes, 28 de enero de 2025
14-04-1999

De novo escribo logo das doce da noite logo de vir do traballo, e xa souben de outra traxedia, de xenocidio, de barbarismo impune, de tolos que se colocaron a careta de intelectuais, de humanitarios, e coma di o baballas do Solana "somos os que temos a razón" ¿Que tolo non ten a razón?, ¿quen lla quita? Hoxe seguiron a bombardear (din que as 24 horas do día) é, déronlle a unha caravana de tractores con xente albanesa-kosovar que ía nos tractores escapando das bombas, ou quen sabe de que, o caso é que os salvadores das patrias mataron uns 50 a 70 kosovares, e non se lles ocorre mellor argucia que dicir que eles non foron, que tiveron que ser os serbios. ¿E como o puideron facer?, 400 avións bombardeando as 24 horas do día con Serbia destruída, sen un aeroporto en pé, con todo controlado vía satélite, e aínda así teñen a pouca vergonza de dicir que eles non foron. E toda Europa comendo esta mentira, esta tolemia, este absurdo, este esperpento, e millóns berrando: ¡que bombardeen, que bombardeen! Estou a ver as imaxes, dá noxo, sinto vergonza de ser o que son. Quixera nestes momentos estar alí, en Belgrado, berrar, sentirme libre de berrar contra esta mentira, contra este xenocidio, axudar a ese pobo a defenderse de esta barbarie humana.
Onte e hoxe lin o periódico "El Mundo", e vexo que escriben intelectuais de fama mundial e outros personaxes. Seguindo e lendo o que se está a escribir, pódese deducir cales son os persoeiros que chupan do presebe do poder, como parece ser Bernard-Henri Levy, aprendiz de filósofo, profesional de encher o peto. O contrario do analista de "The Guardian" Richard Gott no diario "El Mundo" do 11-04-1999: "A connivencia dos gobernos da Europa occidental cos bombardeos dos norteamericanos rachou o que quedaba da social democracia europea. Ninguén necesita o fito de que se aproxima un novo século para darse conta, de que os soños de fai 200 anos da Revolución Francesa están tirados polo chan, así como as aspiracións da Revolución Rusa de fai 100 anos. O bombardeo de Iugoslavia terminou por rematar unhas Nacións Unidas feridas de morte por unha pusilánime actuación no esmagamento do Irak. Cen anos de esforzos no estabelecemento dun sistema internacional capaz de impoñer límites ás cobizas imperialistas das grandes potencias, fóronse bruscamente ao inferno. Levará anos idear algo que o substitúa".
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES