Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 24 de enero de 2025
O Sinal

Vin o alustro. Escoitei o trono. Botei a correr. Non foi por medo; foi coma un disparo, coma un tiro de saída. Quería correr e non sabía como empezar. Botara un bo cacho esperando un sinal. O alustro púxome en posición e o trono foi o que me impulsou cara á adiante.
Porén, o gran problema chégame agora: como deter a carreira. Eu sen sinais non sei facer nada. Teño que buscar un sinal e non sei cal. Outro trono non procede porque leva tronando un bo cacho e tampouco quero deixar de correr tan axiña. Podo buscar de sinal o famoso touro de Osborne, pero vou por estradas polas que sei que non hai ningún. Podo buscar un toxo solitario, mais, agora mesmo, xa ando por Castela.
Empezo a suar. Non sei se é polo esforzo da carreira ou pola angustia de non saber cando vou deixar de correr. O esforzo da carreira hai que recoñecer que xa é moito; levo xa medio día dándolle ós pés. A angustia... a angustia, aínda que sexa pequena, é coma un nó que se pon na boca do estómago ou no medio da gorxa e non me deixa respirar.
En Castela podo volver á opción do trono, porén non hai ningún signo de treboada. E se tarda esta en aparecer? E se cada vez que fago máis camiño, o bo tempo vai a máis? Definitivamente, teño que buscar outro sinal. Tan axiña como vexa un picouto nos Pirineos? ¿Cando vexa a torre Eiffel?
Case choro de carraxe ó caer na conta de que levo música sobre os meus oídos e aí pode estar o sinal: cando asome o tema "InThe Ghetto", de Elvis Presley, deixo de correr. Entre 12.674 cancións, espero que apareza axiña. Mentres, sigo correndo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES