Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A UNED Senior Coruña visita a Catedral de Mondoñedo

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - miércoles, 29 de enero de 2025
A UNED Senior Coruña visita a Catedral de Mondoñedo
Os 45 alumnos e alumnas da Uned Senior Coruña tiveron unha nova mirada na visita-clase á catedral de Mondoñedo, acompañados polo seu coordinador-titor e Crego de Xestoso, Luis Ángel Rodríguez Patiño.

Valentín Ínsua, campaneiro e sacristán da catedral de Mondoñedo, guiounos nesta interesante visita onde se mezclaron historia, arquitectura, arte e anécdotas.

Comezou por explicarnos que a altura da porta principal é maior á habitual no arte románico. Entre a rúa porticada que percorre o outro lado da praza e a fachada da basílica hai un importante desnivel, nun principio salvábase cunha escalinata que chegaba á propia entrada da catedral, posteriormente a escalinata afastouse e a praza baixou de nivel, o que obrigou a aumentar a altura da porta.

Comezou a súa construción arredor do ano 1112, despois de que se decidira trasladar a sede episcopal a un lugar do interior dende a anterior ubicación en San Martín de Mondoñedo (Foz), debido ao perigo que supoñían as frecuentes incursións de normandos e vikingos.
Despois de varias vicisitudes que pasou o obispado retomouse a obra entre 1219 e 1246 e rematouse durante os séculos XIII e XIV.

Despois de contemplar o bonito belén instalado dentro, observamos os frescos que se conservan baixo os órganos, de orixe gótico; o retablo barroco; o relicario e as diferentes capelas que ocupan o deambulatorio. Durante este percorrido falounos das diferentes reformas que se obraron, nos séculos XV, XVIII e XX, encamiñadas a ampliar o espazo interior e a darlle forma de cruz latina, que nun principio non tiña.

Na sacristía destacan as longas caixoneiras sobre as que descansan cadros pintados sobre cobre no taller de Rubens.

Pasamos logo ao claustro, hoxe tranquilo e soleado, antigamente testigo da actividade constante do persoal que traballaba na catedral: campaneiros, costureiras, conservadores, orfebres, "perrero", cantores...

Finalmente subimos aos salóns góticos, salas baixo o tellado, antigo cárcere de curas e onde hoxe se expoñen restos da biblioteca antiga e obxectos de culto.
Entre un e outro atravesamos o balcón que permite pasar a carón do magnífico rosetón.

Poida concluír dicindo que a visita, moi amena, resaltou as intervencións humanas no devir histórico da catedral e a súa relación co entorno.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES