Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Creacionismo e evolucionismo

Rubia, Xoan - lunes, 27 de enero de 2025
Son evidentemente dúas teorías contrapostas, unha baseada na intervención divina na creación do Universo e as súas formas de vida e outra sustentada no criterio científico da evolución, e dicir: que o ser humano chegou ata aquí, a sermos o que somos, en base a un proceso a través do tempo. O creacionismo é un concepto que a igrexa nos foi metendo día a día por máis de dous mil anos. O evolucionismo toma corpo e Creacionismo e evolucionismo importancia a raíz da publicación da "Orixe das especies" de Charles Darwin no recente século XIX. Denantes o Universo e todos os seres vivos, todo, era responsabilidade de Deus. E como din que somos seres racionais, razoemos un pouco.

Dende pequenos, no catecismo aquel, dicíanos que un bo día Deus doulle vida a unha estatua de barro: Adán, o primeiro ser humano, e mentres este durmía, quitoulle unha costela e con ela crea a Eva. Xa temos unha parella sobre a Terra disposta a procrear e a poboar este bendito, nunca mellor dito, mundo que Deus creou en seis días. O sétimo descansou, que ben merecido o tiña logo de tan magna obra. Pero ata onde chegamos neste relato Adan e Eva tiveron dous fillos: Caín e Abel e aquí xa comeza o galimatías do que, a pouco que reflexionemos, non damos saído. Se pretendemos entrar nos detalles de como se orixina todo isto da nada podemos caer en dúbidas consideradas sacrílegas. Todo resúmese en dúas palabras: cuestión de fe.

O bo de Darwin, considerado unha eminencia, baseaba a súa teoría en que a selección natural é a causa da aparición de todos os seres vivos. Todos somos resultado de cambios graduais a partir de antecesores. Xa sabemos que igrexa e ciencia nunca se levaron ben así que o enfrontamento entre creacionistas e evolucionistas estivo servido dende o século XIX. Por outra banda a ningún creacionista gústalle pensar que os nosos antecesores foron primates. Gústalles máis crer que somos descendentes de Adan e Eva, malpocados!

Evidentemente un pode pensar o que lle pete, faltaría máis, e manifestalo publicamente, pero penso que non é equidistante poñer á mesma altura a un leriante e a un científico. O falangueiro pódenos contar milongas moi divertidas e incluso atractivas mentres o científico tratará de axustarse aos principios da ciencia para explicar as causas das cousas. Vénme agora á memoria cando decidiron aplicar a proba do carbono-14 á famosa saba santa de Turín, esa que din foi sudario de Cristo. Cando a ciencia ditaminou que o lenzo non correspondía á época o Vaticano ditou a súa sentenza: equivócase o carbono -14. Para que lle dar máis voltas, ho!
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES