Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estradas

martes, 23 de junio de 2009
Non debe ser moi grato ser Ministro de Fomento aínda que ós seus titulares -no decurso do tempo- se lles vexa ben satisfeitos.

Terán numerosas satisfaccións no exercizo do seu cargo, que van desde o propio desempeño cos beneficios inherentes, ó loor de multitudes nos que os seus titulares se bañan en cada inauguración como lle pasou hai uns días en lugo ó Ministro Blanco, pero hai outras contrapartidas.

Unha e importante, a exposición ás inclemencias de todas as obras públicas do Estado, que repercuten merecida ou inmerecidamente no titular da carteira.

Se unha obra como a A8 se retrasa porque os cálculos infraestructurais estaban mal feitos ou incompletos, o responsable é o Ministro, aínda que para chegar desde el á obra haxa que pasar por un Subsecretario, varios directores xerais, numerosos xefes de servizo, de departamento ou de sector; e, xa na obra, pola dirección de obra, os enxeñeiros, redactores do proxecto, evaluadores ou asesores. A culpa, do Ministro.

Culpa do Ministro, aínda que o problema empezou coa anterior titular do cargo, o corte do tramo da A6 na provincia de León, que impide a normal circulación hacia Madrid ou de volta, que vai supoñer un custo de arredor de trinta e cinco millóns de euros.

Pero o maior problema para un Ministro de Fomento é o rápido que nos afacemos ás obras públicas que nos facilitan a vida, e o esquecemento absoluto de quen as fixo posible. Unha vez feitas, aí están, son nosas, e a ninguén debemos nada.

Que por outra parte é perfectamente xusto, porque o Ministro é un asalariado noso e as obras fanse cos cartos que relixiosamente todos aportamos.

Vai resultar que é o entramado social e a nosa acomodación á boa vida o que fai xustiza: obra rematada, funcionamento correcto, todos contentos e a esquecela buscando a seguinte carencia para empezar a protestar.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES