Os bares e os prezos en Foz
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 23 de enero de 2025
Fai cincuenta anos, medio século, cando aínda non existían os teléfonos móbiles e incluso, algúns bares nin teléfono fixo tiñan, os prezos nos seus locais, se non eran exactos entre si, eran moi parecidos.
Hoxe, con tanta tecnoloxía moderna, Internet, WhatsApp, móbiles e un longo etcétera, os bares máis ben parecen a torre de Babel.
A diferencia de prezos dos bares entre uns e outros é apocalíptico. Fai cincuenta anos, quizais menos, ías tomar os viños ou comer e era case seguro, que non che facía falla preguntar canto debías, pois dun local a outro, non había nin a máis mínima diferencia no prezo. Os donos dos bares, adoitaban a preguntarlle aos seus clientes a como tiñan o viño ou outras bebidas o resto dos bares, para así poñerse ao día e cobrar todos igual, pero dun tempo a esta parte, os bares de Foz, van por libre e cada un cobra o que lle parece.
Comezados polo menú do día, onde un restaurante ao lado do outro, teñen os prezos con ata cinco euros de diferencia. Ou sexa, menú do día, desde 10 € ata 15 €. Nas cartas de comedor, os prezos están bastante semellantes, podendo variar de uns a outros en un ou dous euros nalgún prato, aínda que, no que se refire ao polbo tanto á feira como á galega, pode haber ata 6 € de diferencia de uns a outros locais.
Pero imos falar de viños. Parece incrible, pero é certo, dun bar a outro entre ambos separados a menos de trinta metros entre si, na mesma marca de viño, pode haber ata 0,40 € de diferencia, ou sexa, un Mencía Crego Monaguillo nun bar 2,80 € e no outro bar, 2,40 €. O viño Amoriño nun bar 1,40 € e no outro do lado 1,60 €. No que andan bastante aproximados son nos cafés, aínda que, co café algúns danche unha galleta ou churros ou algunha lambetada e noutros, non che dan nin o bo día.
Con relación á cervexa, tamén varia, claro está. As cañas varían de 1,70 € a 2,00 €, coa diferencia de que nuns bares o tamaño é maior ou menor, e a cervexa 1906, varía duns a outros en 0,30 €, desde 2,20 € a 2,50 €.
Fai medio século e ás apalpadas, todos unidos cos mesmos prezos e hoxe, contando cunha Asociación de Comerciantes que funciona perfectamente, non hai maneira que fagan unha lista de prezos todos iguais.
Eu propoñeríalle ao presidente da ACIA de Foz, José Carlos Paleo, que durante o inverno organice unhas rutas turísticas con guía incluído para levar aos turistas de bar en bar explicándolles cal é a razón, pola que dun bar a outro na mesma marca de viño hai 0,40 € de diferencia, que en tres viños, suman 1,20 de diferencia ou a diferencia da cervexa de ata 0,30 €. Podería ter un gran éxito.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)