Brindos a Teixeira
Gzlez.Vigo, Marcial - martes, 23 de junio de 2009
A Montaña non é monte,
tal que se entende ó falar.
Como te envexan, Teixeira,
no teu niñar do horizonte.
Brindo a Noceda e Vilela
irmanadas en parroquia.
No Courel da donosura,
xuntas nunha mazaroca.
Feita nunha só puntada:
¡Teixeira, que ben, Teixeira!
Vénme ás mentes o alalá
que cantaba a costureira.
Cosido, coso seguido,
ganduxo a fío de liño.
Mira o queiras, moreno,
non perdo ningún sentido.
Se naciches en Teixeira
has dicilo polo alto.
Todos terán entendido,
que eres persoa de trato.
Brindei, Teixeira, por ti.
Para ti, para O Courel.
Con traza de carpinteiro,
abancado, e nun papel.
Despacho, brindo e remato
co cantar da costureira:
O meu galán, máis galán,
terá que ser de Teixeira.
Gzlez.Vigo, Marcial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora