Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mundo necesítanos

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de enero de 2025
Está moi claro que o día que nós pasemos á eternidade o mundo vai a seguir sendo mundo.
Ninguén é imprescindible; pero mentres que estamos aquí, somos necesarios.
Todos temos un valor e unha misión:
O VALOR E A MISIÓN DAS MAMÁS.
-Para colaborar cos papás na obra creadora da humanidade.
-Para xestar novos seres humanos.
-Para darlles alimento como elas saben.
-Para darlles a educación axeitada.
-Para consolar e animar o froito das súas entrañas.
-Para acompañalo ó longo da vida.
-Para se-la alma do fogar.
O VALOR E A MISIÓN DOS PAPÁS.
-Para colaborar coas mamás na propagación da especie humana.
-Para se-lo sotén da familia.
-Para protexela dos axentes nocivos.
-Para orientala e guiala.
-Para dar bos exemplos ós descendentes.
-Para axudar a crear un niño de amor e harmonía.
O VALOR E MISIÓN DOS ANCIÁNS
-Para transmitir o legado do pasado reciente.
-Para conserva-las tradicións.
-Para expresar vivencias da súa vida e constata-los cambios.
-Para transmitir valores.
-Para mante-la unidade familiar.
-Para acompañar a traxectoria familiar.
-Para dar ánimos á xente nova.
-Para dar e recibir moito amor e moita tenrura.
-Para ser manancial de experiencia e sabedoría.
VALOR E MISIÓN DAS CRIATURAS
-Para renova-la especie.
-Para dar leccións de inocencia, tenrura e bondade.
-Para alegrar a vida familiar.
-Para que corra sangue novo polo camiño da vida.
-Para estimular ós adultos.
-Para colaborar na construcción dun mundo mellor para todos.
-Para mante-la esperanza viva.
VALOR E MISIÓN DAS FAMILIAS
Tódalas razas, tódalas culturas e tódalas relixións teñen como base a unidade familiar.
-Na familia apréndese a convivir.
-Na familia apréndese a compartir.
-Na familia apréndese a amar.
-Na familia apréndese a respectar.
-Na familia apréndense os bos modais.
-Na familia apréndense as tradicións.
-Na familia apréndese a lingua materna como sinal de identidade.
-Na familia aséntase a base da persoanalidade.
-Na familia apréndense os bos hábitos
VALOR E MISIÓN DOS POBOS, VILAS E CIDADES
Somos sociables por natureza.
Precisamos vivir en comunidade, por eso formamos pobos, vilas e ciudades.
Cada pobo, cada vila, cada cidade ten a súa propia idiosincrasia.
Vivir agrupados en comundades ten moitas ventaxas; non só a nivel de infraestructura e servizos, senos tamén e -sobre todo- á hora de convivir e compartir vida social.
NO MUNDO HAI SITIO PARA TODOS
Todos temos unha misión e un espazo onde realizarnos como persoas.
Cómpre que cada un busque o lugar que mellor se acomode ás súas circunstancias persoais e poida realizarse con tódalas súas capacidades.
Ese espazo teno que ir buscando cada persoa.
Hai cousas que non se poden elixir: a familia, o lugar de nacemento, a clase socio-cultural e outras...
Pero hai moitos factores nos que se pode influir para ben o para mal:
A forma de aproveitar as oportunidades que nos ofrece a vida.
Se aproveitamos as nosas capacidades e nos rodeamos de boas persoas, temos moitas posibilidades de acadar grandes logros que redundarán en beneficio propio e social.
Viñemos a esta vida para ser felices aportando o mellor de nós porque o mundo necesita a nosa valiosa colaboración.
"SE FALLAMOS, ALGO FALLA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moita grazas por terme na súa consideracón nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES