Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (11)

Ávila Soto, Federico - viernes, 24 de enero de 2025
12-04-1999

Hoxe pola mañá pasaron imaxes polas televisións, dos ataques que esta noite pasada seguiron a bombardear, destruíron e incendiaron depósitos de combustible, e ensinaban ben os estragos na fábrica de autos Zastaba. A estratexia propagandística, céntrase agora en localizar vía satélite "fosas comúns" e asegurar xenocidios. E por outra parte, os reporteiros unha e outra, vez preguntando aos albaneses-kosovares por violacións ás mulleres. Por outra parte e coma xa dixen, o poleiro político anda alporizado. Hoxe reunións en Bruxelas, mañá en Oslo, e Alemaña xa tirou a primeira pedra, propoñendo o ministro de defensa Fischer (verdes) unha forza de paz baixo auspicio das Nacións Unidas.
Ao mesmo tempo estanse a dar debates e entrevistas, que en algo van clarexando o panorama que os políticos non son capaces a transmitir, emporcallados coma están no consentimento da perda da soberanía de cada unha das nacións que conforman hoxe Europa, porque, ao pertencer á OTAN, supuxo trasladar unha decisión soberana que afecta a todos, a mans de un presidente dos Estados Unidos de América, e ao xefe principal da OTAN o xeneral Clark, pasando por enriba do Parlamento Europeo e das institucións creadas da Unión Europea. Os especialistas nestes temas xa están a dicir, que o futuro da OTAN xa non será tal coma hoxe está formulada. Polo de pronto, sábeno ben que foron eles os equivocados, aínda que non se diga e se siga a bombardear e a seguir cas campañas contra Iugoslavia.
Escribo logo das doce da noite logo de vir de traballar, ao chegar falo ca esposa sobre as noticias da tarde e do conflito do Kosovo. Xa me puxo alterado, bombardearon un pequeno ponte do ferrocarril con un mísil, ao pasar un tren nese momento cheo de xente. Unha masacre, morreu xente civil, acabo de velo pola televisión. E están a mandar máis tropa, barcos, tanques e material de guerra. Os periodistas preguntan por que e para que, e din que para axudar á xente exiliada. Na reunión de hoxe da OTAN sae o Solana, e di que Milosevic está vencido e a OTAN ten a razón. De vergonza, xa non teño palabras para expresar o que sinto, se me deixo levar as botaría todas pola boca e as poría aquí, pero non teño ganas de facelo. Propaganda, censura, manipulación.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES