Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (10)

Ávila Soto, Federico - jueves, 23 de enero de 2025
11-04-1999

Hoxe domingo estiven a ver na televisión o programa "Buiten Hoof", o tema: o de todos estes días, o Kosovo. Participaron o ministro de defensa, o especialista en temas militares do partido no goberno VVD, (liberal) un actor de teatro crítico co bombardeo, un ex-embaixador holandés en Moscú, e un periodista especializado en temas militares. O presentador entrevistou primeiro ao ministro de defensa, e a primeira pregunta foi: ¿se Holanda estaba en guerra con un país que non lle fixo nada?, e dunha maneira e outra, escorríase con explicacións que ían todas cara as cuestións humanitarias e da nova estratexia do orde mundial. Preguntado se a OTAN non había previsto os efectos inmediatos ao bombardear Iugoslavia, a contestación foi que esperaban uns dez mil afectados, pero que coa deportación forzada de Milosevic e a queima das casas, desbordáronse as previsións. O actor de teatro deixou ben sentado, que na acción da OTAN hai unha irresponsabilidade manifesta, carecendo de motivacións ideolóxicas e filosóficas que xustifiquen a acción, e que só se queda en cuestións estritamente militares.
No tele-tex das cadeas da televisión holandesa poñía hoxe, que había manifestacións anti-bombardeo en moitas cidades de Europa, pero non pasan imaxes de ningunha, o único que podemos ver son as miserias dos albaneses-kosovares unha e outra vez. Como xa cansa, puxemos a CNN e puidemos ver moito debate nesta emisora, e coidado con moitas opinións ben fundadas das irresponsabilidades do que está a suceder, como a que dicía un periodista dun medio americano, que Clinton tiña a necesidade de lavar a cara polo asunto Levinski e o impeachment, pero que a xente estase preguntando se se pode confiar en este presidente, que é capaz de metelos nunha guerra nuclear sen eles decatarse. Entrevistaron ao responsable do ministerio de información Vladimir Rachmanin, e foi preciso en todas as acusacións cara os Estados Unidos de América e Europa, ao saltarse á tourera os acordos internacionais, e que o desastre humanitario é o resultado da agresión e bombardeo ao pobo iugoslavo.
Pola CNN nos informamos de que a India disparou un mísil de proba de 2.000 km. de percorrido, e xa América ameazou con sancións. Esta é a resposta ao camiño emprendido pola OTAN, que ningún país vai xa a respectar os acordos, tratados e medos acumulados nos últimos anos pois, co exemplo dado pola OTAN ¿que país soberano está hoxe seguro? O camiño: a carreira armamentista. Na CNN pola mañá dixeron, que Inglaterra mandaba o porta-avións "Invencible" á zona do conflito. O luns ou martes, parece que hai reunión de alto nivel en Oslo. Esperemos que se amañe o próximo panorama futuro, polo ben de todos.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES