Crónica dunha guerra (9)
Ávila Soto, Federico - miércoles, 22 de enero de 2025
10-04-1999
Día tranquilo hoxe, a freada que impuxo Yeltzin a oíron en todo o planeta, pero as campañas dos media seguen. En todas partes difundiron unha enquisa na que se di, que o 78% da poboación holandesa aproba os bombardeos da OTAN. Eu dubido moito de estes datos, a pesar de que Holanda é un país moi americanizado, e coa publicación de estes datos, ¿cal é o fin que se persigue? Ao mesmo tempo dicían, que o gabinete de goberno había respirado ao coñecer esa enquisa. ¿Quere isto dicir, que se se comete un xenocidio de grandes dimensións co pobo serbio, vai estar xustificado?
Coma noticias que non se sabe se son boas ou malas, (segundo os desexos de cada quen) están a dicir que os Estados Unidos vai mandar 82 avións bombardeiros máis. Pero home, non sería mellor darnos un millón de floríns a cada europeo que estamos a participar na carnicería consentida, e de seguro que a batalla quedaría ganada ao 100%, xa non terían que facer máis campañas (co caras que son) e a responsabilidade do xenocidio quedaría diluída pois, ¿quen ía xulgar a 350 millóns de persoas? Por dicir parvalladas que non sexa, pero a ruleta rusa disparouse e a ver quen a para. Todo será posible, o último e máis sensato, o que están a dicir e a escribir: nin caso, falar e falar sen presións, sen pistolas, sen canóns, sen bombas, sen imposicións deixando a un lado as traxedias de uns e outros, sendo os principais actores os máis interesados en non permitir que os Estados Unidos impoña as condicións, porque de aí é de onde partirán todos os futuros problemas.

Ávila Soto, Federico
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora