Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha luz nas sombras

Bravos, Marisol - martes, 21 de enero de 2025
Empezamos este ano celebrando que as estatísticas sobre violencia de xénero contemplen o indicador da discapacidade, unha medida recollida na Lei Orgánica 1/2025, publicada no BOE do 2 de xaneiro, que obriga ao Observatorio Estatal contra a violencia doméstica a desagregar eses datos nos informes anuais. Non podemos esquecer que no 2023, máis do 10% das mulleres asasinadas tiñan algunha discapacidade. É necesaria unha xustiza máis inclusiva que de visibilidade ás mulleres con diversidade funcional.
A noticia vén a ser unha luz no medio de moitas sombras, no medio de vellas reivindicacións acompañadas moitas veces de grandes titulares nos medios de comunicación. Por citar algunhas a modo de recordatorio:
Unha luz nas sombras - Despois de dezaoito anos da creación do SAAD -Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia- segue sen garantirse a autonomía das persoas con diversidade funcional, por non desenvolver recursos prioritarios para a implantación da asistencia persoal, pese a ser un dereito recoñecido a nivel nacional e internacional.
- Xa van oito anos desde que rematou o prazo (4/12/17) para que todo fose accesible. A estas alturas o factor accesibilidade aínda condiciona a nosa participación na vida da comunidade. Imaxinen o que significa que o inviten a participar en calquera evento e o primeiro que temos que cuestionar é se o local está adaptado.
- Que dicir das interminables listas de espera nos trámites para o recoñecemento do grao de discapacidade ou do grao de dependencia. Estremece pensar na cantidade de persoas que, aínda tendo uns dereitos recoñecidos, falecen esperando unhas prestacións ou uns servizos. Como mostra un titular moi recente: «Más de 600 lucenses con dependencia reconocida esperan ayuda en el hogar».
- No sistema educativo a inclusión segue sendo un tema pendente aínda que se contempla na normativa. É un concepto recente, despois de pasar por distintas etapas, xa que non foi ata o artigo 24 da Convención dos dereitos das persoas con discapacidade cando se recoñeceu unha educación en igualdade de condicións cos axustes e apoios necesarios.
- Poder viaxar libremente sen ter que facer unha reserva previa; aínda que a maioría dos autobuses interurbanos están adaptados, a nós non nos pode xurdir unha viaxe de última hora.
- Os famosos «cinco minutos» para non respectar os aparcadoiros reservados, tampouco nos axudan a garantir ese dereito.
- Que os nenos da polio sigamos a reivindicar uns tratamentos de rehabilitación e unhas axudas técnicas que mitiguen o paso de tantos anos cunhas secuelas.
- Dificultades para encontrar ou alugar unha vivenda accesible, etc...
O listado sería moi longo porque convivimos con circunstancias que para a maioría pasan desapercibidas. Cansa toda unha vida reivindicando dereitos e, como os nosos temas nunca se ven urxentes, aínda queda moito camiño por recorrer para chegar a ese modelo social que conte con todas as persoas.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES