Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Proceso de paz, solución final

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 20 de enero de 2025
Semella que onte, por fin, iniciouse un alto o fogo en Gaza despois de 15 meses e case 47.000 mortos, que se di axiña. Espero, confío e desexo que tal acordo perdure in saecula saeculorum. Proceso de paz, solución final Aínda que, a min, sinceramente, chéirame mal. Por unha vez gustaríame errar.

Tal acordo fai que me pregunte que... se se chegou por fin a elo, por que antes non? Por que se tardou máis dun ano? Por que non se evitaron antes esas 47.000 vítimas que, seguro, a maioría foron inocentes, é dicir, mulleres e nenos? Nas guerras sempre adoita haber vencedores e vencidos. Cando acontece que se chega a acordos é normal entón que nos preguntemos, por que non antes? Si, seguro que porque nin tan sequera se quixeron poñer á mesa, a negociar.

Agora si, agora, a partir de agora empezarán a realizar homenaxes, a sentir as perdas civís (seguro que a maioría dos políticos sentirán máis as perdas materiais ou económicas) e a proclamar unha paz duradeira que, aí, nesa polvoreira, non creo que tarde en volver estralar. Repito: gustaríame errar.

Onte iniciouse un proceso de paz nesa zona. Tal día coma hoxe de hai 83 anos, o 20 de Proceso de paz, solución finalxaneiro de 1942, iniciouse unha solución final e definitiva para a comunidade xudía en Europa, ou sexa, para o exterminio. Xa que 14 altos funcionarios gobernamentais da Alemaña nazi e líderes das SS, reuníronse nun suburbio berlinés, na chamada Conferencia de Wannsee. Non tardaron en acordar que a maioría dos xudeus da Europa ocupada polos alemáns deportaríanse á Polonia ocupada e, posteriormente, asasinados.

A discriminación contra os xudeus xa comenzara inmediatamente á toma do poder polos nazis nove anos antes, o 30 de xaneiro de 1933. O réxime nacionalsocialista usou a violencia e a presión económica para alentar ós xudeus a abandonar de forma “voluntaria” o país. Logo da invasión de Polonia, no setembro de 1939, empezou o exterminio dos xudeus europeos e as matanzas continuaron e aceleráronse en xuño de 1941, despois da invasión da Unión Soviética. O 31 de xullo de 1941, Hermann Göring autorizoulle por escrito a Reinhard Heydrich a preparar e presentar un plan para activar "unha solución total da cuestión xudía!. Foi a partir de aí cando varios campos de concentración se reconverteron en campos de exterminio. O que seguiu foi, durante moito tempo, a vergonza de Alemaña, o rubor de Europa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES