Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O meu Díaz Pardo

Santalla, Iago - miércoles, 22 de enero de 2025
Tiven a sorte de medrar nun ambiente de admiración por Sargadelos pero Sargadelos era moito máis que unha cerámica, era cultura e era un estandarte cultural que proxectaba Galicia no mundo. Era unha empresa, si pero tiña corazón e identidade propia. Esa identidade ía moito máis alá da cerámica e proxectábase na editorial O Castro e aqueles libros do Moucho tan pequeniños como cheos de soños. Cando Sargadelos era Isaac toda a cultura pasaba por el e todos sentíamos o orgullo de ter unha identidade moldeada en cerámica.
A admiración por Sargadelos construírona Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, home humilde que enchía cada tribuna de humanidade, solidariedade e tenrura. O outro día convocouse  un acto en Sargadelos titulado "Iniciativa privada y poder público". Vendo o contido do acto, pregúntome se nel se mencionará a Isaac, se nel se mencionará a Seoane, se nel se poderá falar de ética e moral cun mínimo de cordura, se quen vaia ao acto saberá aínda que sexa levemente na casa de quen está (aínda que fose outrora porque foi expropiada de maneira dubidosa), se coñecerán o termo laboratorio de formas e se chegará algún día aos niveis éticos dos fundadores de Sargadelos. Quizais nunca saiban da humildade coa que Isaac trataba aos seus semellantes nin do seu bo facer en Galicia. Non, nunca saberán que para moitos foi máis importante que calquera presidente da Xunta ou do goberno. Non, nunca saberán da humildade e humanidade coa que dirixiu a esa empresa, a mesma que lle foi arrebatada vilmente. En fin, eu quédome coa ética de Isaac, co corazón de Isaac, coa humanidade de Isaac, coa emoción de vivir nunha cultura humilde capaz de facer grandes cousas como foi (en pasado) Sargadelos. Para eles fica o poder e a iniciativa privada (se tal de valores falamos outro día).  
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES