Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 17 de enero de 2025
Bolígrafo negro

O bolígrafo é negro. Escribe azul. Sobre un caderno branco. Caen pingas de orballo sobre un espazo soñado e... desexado. Palabras azuis que reflicten no espello da esperanza. Palabras con sentimento que caen sobre o debuxo dunha tatuaxe. Pingas de tinta que contan tempos que foron, que son e que serán. Algún día deixarán de contar.
Pingas de Orballo Bolígrafo negro. Ideas rosadas. Dores negras. Pensamentos brancos. Toxos amarelos. Herba verde. Vacas morenas. Lobos grises. Cores do arco da vella. En cada cor, un acento; en cada palabra, unha til. En cada frase, unha ilusión. En cada parágrafo, un soño.
Bolígrafo negro. Tinta azul. Caderno branco. Que a matemática de multiplicar un número por outro dea sempre un bo resultado. Que o berro que se lanza ó baleiro se recolla na urna verde da esperanza. Que o silencio se pinte de azul baixo a música de Joan Manuel Serrat e que a nostalxia estreite lazadas de amizade. Que o forte latexo dunha bomba sentimental quede na ecuación física dun resultado inesperado. Que todas as guerras durman sobre a almofada da paz.
Bolígrafo negro. Caderno branco. Tinta azul. Que cada palabra se acomode sobre a á dun sombreiro que está a tapar un peito. Que cada acento acentúe a ansia dunha historia que aínda está por contar e que cada til se manifeste sobre o devezo dun ir e vir eterno. Que cada pinga borde pola canella das historias soñadas.
Que o bolígrafo negro escriba con tinta azul sobre un caderno branco a fábula do lobo que oulea, do berro seco que se lanza e da ollada que se perde polos confín do universo, do meu universo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES