¿Qué queremos?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de enero de 2025
Para satisfacer os nosos desexos temos que preguntarnos que é o que queremos.
¿Estarei equivocada se penso que todos queremos?:
-TER UNHA SAÚDE A PROBA DE BOMBA.
Pero eso non sempre é posible.
Hai persoas que gozan de moi boa saúde e outras de moi pouca.
Hai persoas que nacen sas e otras con enfermedades.
Hai persoas con moi boa saúde que a perden nun accidente.
Hai persoas que nunca estiveron enfermas e encóntranse con sorpresas moi duras cando menos o esperan.
Que debemos coidar moito a nosa saúde ninguén o pon en dúbida; pero a veces tódolos coidados son poucos.
-UNHA ECONOMÍA TODO TERREO
Que nos permitira cubrir tódolos gastos necesarios e incluso os nosos caprichos...
Pero nesa situación moi poucas persoas son as afortunadas.
E non é porque no mundo non haxa bastante riqueza para todos.
O que pasa é que está mal repartida.
Algo falla.
Os cidadáns de a pé sabemos moi ben o que significa botar contas.
-UNHA VIVENDA CON TODO TIPO DE COMODIDADES
As comodidades, haber hainas; pero están reservadas a uns poucos de moito poder adquisitivo.
Imos mellorando todo canto podemos; pero sempre nos quedamos cortos porque a vida cada vez ponse máis difícil.
Moitas persoas non dispoñen de capacidade adquisitiva para ter vivienda propia e viven de aluguer toda a vida.
Outras nin siquiera teñen para pagar o aluguer e teñen que recurrir a outro tipo de medidas.
No medio rural todos dispoñemos dunhas tellas en mellor ou peor estado; pero nas grandes urbes hai moitas persoas que viven na rúa, en condicións moi duras.
-UN COCHE BO, UN YATE, UNHA AVIONETA, UNAS VACACIÓNS NUN LUGAR EXÓTICO, UN ANO SABÁTICO, UN BO SOLDO...
Todos quixeramos ter de todo o que nos apetecera; pero os que teñen todo eso tamén teñen probemas.
As cousa materiais non sacian tódalas necesidades dos humanos.
Hai cousas máis importantes e por eso:
-QUEREMOS FACER FELICES ÁS PERSOAS DA CASA:
Con máis medios cou con menos; pero onde hai amor xa hai a riqueza máis grande.
As primeiras persoas ás que debemos facer felices son ás da casa.
Non é tan doado como parece; pero se nos armamos de paciencia, bo humor, cariño, comprensión e constancia: a sorpresa está asegurada.
¡É tanto o que nos aportan!
¡É tanto o que lles podemos aportar!
-QUEREMOS DAR BOS EXEMPLOS Á INFANCIA
Dar bos consellos é moi importante; pero dar bos exemplos aínda é moito mellor.
As criaturiñas son como esponxas: abserben todo canto as rodea.
Necesitan o noso apoio e bos exemplos máis que nunca porque os tempos que lles toca vivir teñen moitos perigos.
-QUEREMOS TER BOAS RELACIÓNS VECIÑAIS
Os veciños están ó noso carón tódolos días, saben en boa medida a nosa vida e poden sernos de moita utilidade se temos boas relación con eles.
-QUEREMOS CULTIVA-LO COMPAÑEIRISMO:
Os compañeiros son as persoas coas que pasamos boa parte da nosa vida.
Se colaboramos con eles, o traballo será máis levadeiro, a productividade maior e, directa ou indirectamente, recibiremos os beneficios de xerar riqueza.
-QUEREMOS MELLORA-LA NOSA AUTOESTIMA:
Facendo todo o posible por superarnos a nós mesmos, correxindo pequenos detalles, esmerándonos por facer as cousas todo o mellor que podemos, sentirémonos mellor realizados e máis valorados.
Se así o facemos, sen esperar nada cambio, o noso legado será a semente dun futuro prometedor tanto para nós como para os que veñen detrás.
-QUEREMOS CONSTRUÍR UN MUNDO MELLOR.
Non podemos amañar os problemas mundiais porque nos superan; pero podemos amañar certos problemas de portas a dentro, empezando por correxir certos fallos que nos crean problemas a nós, ás persoas que máis queremos e á sociedade en xeral.
Somos unha peza do puzle mundial
"O MUNDO NECESÍTANOS".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora