Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (6)

Ávila Soto, Federico - viernes, 17 de enero de 2025
07-04-1999

Hoxe houbo aquí debate parlamentario televisado, o último fai uns catorce días sen as cámaras, o tema: o lío que montaron. E como a coalición de goberno apoiou a intervención, agora seguen erre que erre confiando máis que nada no potencial bélico dos Estados Unidos coa esperanza de que Rusia non entre no conflito. ¿Que pasaría se Rusia invadira Hungría, para facer un corredor de subministro de armas pesadas para defender Iugoslavia? ¿Seguirían estes políticos coa mesma retórica? Cánsanse de cantar o mal que está Rusia, que Yeltzin prometeu non intervir, ao mesmo tempo, estase difundindo a idea do mal do comunismo. Onte foi a América un alto mandatario chino, creo foi o primeiro ministro. Hoxe e pola CNN, Clinton tirando torpedos cara China, dereitos humanos, Tibet, comunismo, probas nucleares, etc., etc., xa veremos cal é a resposta.
No debate parlamentario de hoxe, o líder do SP (comunistas) díxollas case todas, (os erros) non lle contestou ninguén. Como a coalición que goberna de socialistas, liberais e centro demócrata tomaron as decisións que tomaron, ¿quen os apea do burro? Polo menos están a tomar en conta a proposta que onte fixo o goberno iugoslavo, e Holanda está por traballar coas opcións políticas. O que pasa e que é un anano, e o xigante síntese forte e nos está a dar leccións de moral ao mundo enteiro, e o di con todas as verbas: somos a potencia militar e económica do mundo, e temos a obriga de velar polos conflitos no mundo enteiro. Que ninguén se mova sen o permiso do "capitano" coma dicían os serbios.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES