Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (5)

Ávila Soto, Federico - jueves, 16 de enero de 2025
06-04-1999

Hoxe fanse os 58 anos do bombardeo de Belgrado por Hitler e os aliados domados e postos baixo o seu mandato. O novo fascismo nas mesmas datas e cos aliados domados, seguen a bombardear Belgrado. De Rusia e China non se sabe nada, ¿estarán tamén domados? Clinton parece ser, que a cada pouco está co teléfono roxo a falar con o Yeltzin. O vicepresidente iugoslavo Draksovic propuxo un alto o fogo por se celebrar a Festa Ortodoxa, pero parece que a OTAN non fai caso, e toda a propaganda da CNN vai dirixida a unha rendición sen condicións dos serbios, e o que máis desexan é que o Milosevic lles chame por o teléfono dando o brazo a torcer, e firmar o pedregoso Acordo de Rambouillet. Moitos millóns vale esta firma.
Fai un pouco informaron de explosións en Montenegro na capital Podogorica, aínda non se sabe ben se é da OTAN.
Na CNN hoxe todo o día pasárono facendo a propaganda do terror, como van a atacar. Están evacuando a toda présa toda a xente que está polas fronteiras, que din pasa xa do medio millón de persoas. Dá a impresión que dende o aire queren eliminar todo un exército sen manchar a camisa, e todo adobado con unha propaganda pertinaz chamando a Milosevic criminal unha e outra vez. Estase vendo unha soberbia máis grande que unha catedral ás palabras de Rugova, con un plan apalabrado con Milosevic para reconstruír o Kosovo e facer que volvan os kosovares, e que o UCK depoña as armas. Os da OTAN nin caso. O deles é probar a nova guerra das tecnoloxías, a guerra dos novos señoritos, guapos, estudados, adiñeirados e facendo marabillas cos novos inventos. Todo un xogo de morte e miserias que o mundo este, o occidental non ten ollos para velo.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES