Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (4)

Ávila Soto, Federico - miércoles, 15 de enero de 2025
05-04-1999

Onte e hoxe o mesmo dos últimos días, seguen a bombardear toda Iugoslavia con raquetas que nos han de custar un ollo da cara a todos. Están a destruír pontes, vías do ferrocarril, depósitos de combustible, centrais eléctricas, hoxe ata unha fábrica de tabaco, xa se ve que o tabaco chegou a categoría de estratéxico. Pobres serbios, non poden morrer nin co gusto de levar un cigarro á boca esperando o fatal momento, ata isto lles negan, ¡brutos!
A esposa e eu seguimos coma parvos mirando a televisión, os tele-diarios de todas as emisoras son case igual: catro imaxes da dor do éxodo dos kosovares-albaneses, miseria por todas partes, e todas contando mil atrocidades. E a min éntranme as dúbidas do que din na televisión pois, parece un cadro preparado, faltan as probas. E Europa facendo coma Pilatos lavándose as mans; retidos nos montes, nas fronteiras que lindan con o Kosovo, tirando pestes contra Milosevic, falando de deportacións, de limpeza étnica, e ao mesmo tempo destruíndo Serbia e a capital do Kosovo Pristina. A CNN é a que máis informa, pero aguantar esta emisora para poder ver algo de actualidade, hai que ter humor e ganas de información; é repugnante, anuncios, anuncios e máis anuncios. Xornalistas que ás claras ves a manipulación da información. Dá a impresión, que en vez de ser periodistas de unha emisora de televisión, son do cadro da Cía, ou do exército dos Estados Unidos. Estes días pasados a esposa e máis eu, andábamos un pouco confusos ao escoitar a información do spokeman da OTAN, do Solana e do Clark nas rodas de prensa que montan. Cando os periodistas facían a pregunta, oíase un ruído coma cando se abre unha porta e se oe o ruído de fora. Ao falar estes personaxes, desaparecía este ruído, e o que falaban escotábase clariño. Isto veu sucedendo varios días. Na CNN xa están anunciando os próximos pasos dos americanos. Seica van mandar 200 helicópteros Leopardo, e están a preparar ao UCK para invadir Kosovo. Os do UCK poñen o corpo para que fagan con eles chourizos, e os señoritos dende o aire tirando mísiles e toda clase de metralla. Todos contentos coas películas americanas. Nós a pagar e eles a gozar.
Sigo dicindo, que aquí hai un suborno e unha baixada de pantalóns monumental. As Nacións Unidas nin pío, os partidos políticos, nin pío, o goberno, nin pío, ¡CENSURA!, o medo é negro, a OTAN é Estados Unidos de América.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES