Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (3)

Ávila Soto, Federico - martes, 14 de enero de 2025
03-04-1999

Nas televisións holandesas, belgas e demais, hoxe non se informaba nada do bombardeo de esta noite pasada sobre Belgrado, a partir do mediodía, nos partes empezouse a dicilo, pero sempre da mesma maneira, lendo o comunicando das axencias internacionais, dominadas polos americanos e o poder capitalista europeo. Cánsanse de pasar as mesmas imaxes da dor dos kosovares-albaneses, os privilexiados de ouro máis pobres que as arañas. O resto do pobo kosovar e serbio que están padecendo as bombas e a política da OTAN, tanto no Kosovo como en Montenegro e Serbia non conta. A OTAN e todo o sistema que a está respaldando, seguen sen expoñer a todos os cidadáns de Europa as verdadeiras razóns de este xenocidio, é a vergonza máis noxenta que se poida aguantar, e a pintan de honor, humanidade, orgullo. Só temos que pensar un pouco: ¡dezanove nacións! O poder militar, tecnolóxico, económico e cultural máis poderoso do planeta, contra un único país enraizado na súa identidade. Só nos falta ver por tódalas rúas das cidades europeas, grupos tipo Rambo dando malleiras a rapaces, rapazas, vellos e vellas é, o gran estado do ben estar que din que é o que temos, colgándolle medallas e soltándonos discursos do valente que somos, e que ben temos organizadas as nosas forzas (de Rambos). ¡Covardes! Tedes que xuntarvos 19 para abusar dun rapaz. ¡Nin sendo individualmente Rambo, tedes a ética de medirvos cun vello ou neno serbio! Dezanove nacións na cúspide da cultura, das liberdades, do dereito, dos valores humanos, das loitas e sufrimentos pasados, tirados pola borda. Mallan en nós coas imaxes dun Hitler para que non saian máis, e resulta que hoxe nos come o cocote a ideoloxía fascista pero con outras peles, con outras caras, pero a mesma ideoloxía.
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES