Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O incorruptible Wyatt Earp

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 13 de enero de 2025
Dicir Wyatt Earp é dicir cine, ou Far West, ou alguacil, ou pistoleiro, ou O.K. Corral. Dicir Wyatt Earp é dicir "Paixón dos fortes", a película que John Ford dirixiu en 1946 e que quizais sexa a que mellor conta a historia dese mítico personaxe.

Personaxe que, como todo o mundo sabe, existiu realmente e que sae neste recanto porque, no día de hoxe de hai 96 anos (no 1929), deixou de existir na vida real, pero non para a posteridade. Grazas ó cine, é un dos máis O incorruptible Wyatt Earp coñecidos de todo aquel mítico western americano.

Wyatt Berry Stapp Earp naceu en Illinois o día de san Xosé de 1848. Era o terceiro fillo duns granxeiros e a súa carreira empezou no pobo de Lamar, en Misuri, en 1870, aínda que antes fora cowboy a trato e cazador de búfalos. Un ano máis tarde casou cunha parente das súas cuñadas, que, ós dous anos, morreulle de febre tifoide xunto ó seu fillo aínda sen nacer. Non volveu casar. E iso que cinco anos máis tarde relacionárono en concubinato durante catro anos cunha prostituta á que deixou polo alcoholismo dela e a súa afección ó láudano. E tamén nesa mesma época trabou amizade cunha bailarina de orixe xudeu.

Foi en 1876 cando empezou a traballar na policía de Dodge City, en Kansas, e dous anos máis tarde nomeárono asistente do comisario Charles Basset. En 1879 trasladouse a Tombstone, Arizona, coa intención de ser granxeiro. Porén, os seus dous irmáns ocupaban cargos na policía e axiña recrutaron a Wyatt como policía especial. Non tardaría en ser o shériff ou alguacil dese pobo.

Wyatt Earp foi famoso pola súa extrema dureza no trato con aqueles que infrinxían a lei, incorruptible e arriscado nos seus procedementos. A causa disto ganou inimigos a esgalla; os máis famosos os irmáns Clanton e McLaury. Con estes aconteceu o famoso tiroteo no O.K. Corral, onde perderon a vida dous dos irmáns de McLaury e un Clanton. Nese famoso tiroteo dicir que, á beira de Earp, estaba outro pistoleiro mítico: Doc Holliday. O resto dos irmáns Clanton e McLaury iniciaron unha vinganza na que conseguiron matar ó irmán máis novo de Wyatt e deixaron discapacitado ó máis vello. Wyatt Earp, como non podía ser menos, tamén se vingou matándoos a todos nunha redada chamada "a cabalgata de Earp". O personaxe que nos ocupa morreu por causas naturais á idade de 80 anos. O cine sempre nolo manterá na memoria.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES