Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha mente privilexiada

Rivero, Manuel - lunes, 13 de enero de 2025
Grazas ao encargo do Consello da Cultura Galega da redacción da biografía de María das Dores Arribe Dopico, para o Álbum de Galicia, tiven a sorte de desandar os tempos idos e de revivir a grata coincidencia de coñecer a unha gran muller de mente privilexiada, culta, ética, traballadora, rigorosa, sobria, valente, segura e xenerosa. Aquel primeiro encontro debeu de ser no ano 1977-78, non lembro se foi Martinho, Nanda ou debido a coincidencia de ambos, amigos comúns de Lola e máis meus. Esquecín o lugar, ben puido ser a cafetería Avenida, centro de reunión e aprendizaxe informal, que Lola nos regalaba de forma desinteresada, por costume, case sempre na mesma mesa, aproveitando a luz da xanela, que daba a rúa.

A miña memoria a longo prazo, atrapou aquel instante fugaz: mirada limpa, beleza serena, sobria, acolledora, culta, cálida, que comunicaba, tanto coa palabra, como cos silenzos, aquel primeiro encontro, sería o comezo dunha amizade que durou toda a vida. A finais dos anos noventa, por motivos laborais, Ferrol deixou de ser a miña residencia habitual, viña de forma puntual, ata a entrada dos anos vinte, durante ese intervalo de vinte anos, ese vínculo de amizade e de confidencias resentiuse, lamentablemente, cando voltei encontreime coa triste noticia, que Lola xa se nos fora, había algo máis de catro anos.

A nosa obriga é a de manter viva a súa memoria e o seu legado a través dos ollares das persoas que tivemos a sorte de coñecela nos diferentes escenarios, académicos, sociais, económicos e políticos. Esa visión de 360º, a través das diferentes percepcións, contribuirán a engrandecer e reforzar a marca-persoa de María das Dores Arribe Dopico.

Esas vivencias personalizadas, aparecerán proximamente, no formato de texto na biblioteca virtual de Galicia Digital. Libro que tamén temos pensado publicar en papel.

O día 8 de marzo, terá o seu espazo no Álbum de Galicia, nesta semana irá sendo visible na Galipedia, proximamente na Wikipedia e en Galegos/Galegas de Galicia Digital.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES