Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica dunha guerra (2)

Ávila Soto, Federico - lunes, 13 de enero de 2025
02-04-1999

Nestes días seguiu a campaña montada pola OTAN cunha pequena diferencia: os media xa van informando un pouco mellor, e xunto a un comunicado pro albano-kosovar, van aparecendo opinións contrarias denunciando os intereses que se moven e que están no fondo do conflito. Irei dicindo algúns dos que se van vendo nas televisións, radios e periódicos: a OTAN difundiu o asasinato do líder moderado kosovar Ibrahin Rugova, os serbios déronlle nos fociños outra vez, aparecendo nas cámaras da televisión serbia xunto a Milosevic, e declarando conxuntamente e por escrito, que a solución do conflito só tería solución politicamente, e desmentindo Rugova o asasinato dos eminentes persoeiros que a OTAN difundiu coma certo, resulta agora que un deles está na Francia. Iniciouse unha loita a través dos medios de contar historias, dalas por certas, e logo ter que tragar as críticas á campaña montada.
Son as dúas da madrugada do dous ao tres de abril, e neste momento estou vendo a través da CNN unha nova barbaridade da OTAN e dos dirixentes europeos, acaban de bombardear dous ministerios no mesmo centro de Belgrado. Están ardendo polos catro costados cunhas lapas enormes. Onte destruíron unha ponte que cruza o Danubio, a cegueira é enorme, eles seguen, non teñen argumentos nin convencen, a lo menos ás persoas con dous dedos de razón na cabeza. Seguen coa campaña das razóns humanitarias, e en nome da súa humanidade en exclusiva cara os agraciados kosovares-albaneses, son capaces de meter a toda Europa nunha guerra que xa veríamos as consecuencias, e iso se podemos velo.
A min estame dando a impresión, que están a facer o mesmo que Hitler, e o caso é, que son eles os que difunden a idea de que é Milosevic o novo Hitler, ¡o colmo! O fin de Hitler foi destruír o comunismo, e aproveitou para facer o xenocidio xudio, xitanos e persoas con defectos físicos, ¡a raza única! ¿Como se lle pode colocar a etiqueta de fascista a un comunista?, pois ben, a propaganda o consigue, e así podémolo ler en moitos comentarios, opinións e noticias difundidas a través dos medios. Hoxe para confirmalo comprei "EL PAÍS", e o editorial vai nesa liña sen aforrar en cualificativos, xustifica todo o da OTAN, e oculta a conciencia a historia, xustificando todo no 90 por cen da poboación (nos últimos anos albanesa), sabendo que fai tan só vinte anos, era só o 30 por cen, ¿cales son eses dereitos que reclaman e proclaman para xustificar a acción dos bombardeos? Máis concretamente, dígollo eu a España e aos españois: ¿cales serían os dereitos que teríamos os galegos se, nun futuro decidíramos independizarnos, e para tirarnos para atrás, fixeran esta política de bombardeos? ¿De que se trata, do queroseno que hai en abundancia no Kosovo?, ¿de intereses estratéxicos e económicos?, ¿de facer calar todo nacionalismo independentista que vaia asomando? Xa correndo saíu Pujol respaldando os bombardeos e a política que se está a seguir. Listo Pujol, o clásico pesetero, cínico e listo que vai arrimando a sardiña ao seu prato. Non hai vergonza, non hai corazón, non hai sentimentos, non hai ética, non hai respecto, nin polas persoas, nin pola historia, nin por nada, todo queda nos intereses, nas estratexias, na forza, nos orgullos, nas subidas ao pedestal e canto custa chimparse del. Tolos, enfermos mentais, e os que non temos formas e medios de cambiar as cousas, de facer pensar, de parar esta enfermidade, ¿cal é o papel que nos toca xogar?
Ávila Soto, Federico
Ávila Soto, Federico


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES