Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As escolas no franquismo (4)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 21 de enero de 2025
-Avoíño, un día, en Ferrol, estiveches falando con aquel militar que estivera en Ifni, e eu, como era un cativiño, escoitaba sen que vosoutros vos decatases de que vos estaba oíndo, oíndo e entendendo, así que vos escoitei que un biógrafo dos Franco, un tal José María Zavala, deixou dito que Ramón Franco era tan lanzado que un día ocorréuselle subir, completamente en coiros, ao escenario dun club, intentando captar á corista sen importarlle o escándalo.

-Pois, xa que sabes iso, servirache para ponderar como foron aqueles abusos dos nosos..., voulles chamar, aventureiros. Pero volvo ao tema central:
As escolas no franquismo (4) En canto á Falange, veu arrastrando unha especie de complexo de Penélope, aquela esposa de Ulises que de noite destecía o que tecera de día. José Antonio, o fillo de Primo de Rivera, agardando, promovendo, o retorno ás pretensións de seu pai, sentíase motivado, vingativo, defraudado.

O historiador José Luis Rodríguez Jiménez considera que o réxime de Miguel Primo de Rivera enlazaba perfectamente con varios réximes ditatoriais do Este de Europa, Metazas, Stojadino, Vic-Pilsudski, Northy, etc., e que xa tivo a intención de crear un partido único,

Os caciques, aqueles que eran, ou se sentían, fillos dalgo, que botaban de falta aqueles privilexios, aqueles foros que cobraran seus pais, non lle perdoaban á República que establecese o ensino xeral gratuíto.

Os prebostes relixiosos algo tamén, pois en vez de predicar amor infundían temor, enfrontándose belicamente aos insubmisos.

E logo, para colmo de extremismos, estaban as tensións mundiais dimanadas da primeira guerra europea, que fomentaban, que nutrían, un ambiente armamentista desaforado.

-Avoíño, estás esquecéndote daquel conde de Romanones, aquel co que estivo de cociñeira a nosa tataraboa de Pousadela...
As escolas no franquismo (4) -Máis cerca, e máis influentes, tiñamos aos novos estraperlistas, tal que o tabaqueiro Juán March Ordinas... Por certo, permíteme unha paréntese, que non lembro terche referido que nunhas vacacións daquelas do IMSERSO, en Palma de Mallorca, coincidimos, nun museo da Banca March, cunha neta do financiador do Movemento, e falando das riquezas e das belezas da illa, a min ocorréuseme dicirlle que eu era do pobo de Manuel Cordero, aquel que interviñera no xuízo de Don Juán... ¡Boa a fixen, que nada máis comezar coa miña alusión fixo un xesto de rabia, e largouse para outra habitación, case que correndo!

En definitiva, meu neno, que con aquelas quenturas, o lume do Alzamento foi..., infernal!
-.-

Foi tan importante a revolución cultural, o espertar, da II República que ben merece esta paréntese, esta cimentación do noso tema.

Mais empezarei polo testo, pola tapa, lembrando que José María Alfaro non era madrugador, pois o seu “¡que en España empieza a amanecer!”, díxoo a mediodía, precisamente cando o sol da República xa chegara á miña aldeíña.

. Bilingüismo. Un Decreto de 1931 xa recoñeceu a existencia das distintas linguas.

. Miguel de Unamuno reorganizou o Consejo de Instrucción Pública.

. A libertade relixiosa, coa liberdade de conciencia. Cando o señor Cura de Luaces lle recriminou ao mestre Rielo porque non ensinaba relixión, Rielo contestoulle, coido que moi atinadamente, "O meu é a matemática, e niso me explico; o seu, o de vostede, é a teoloxía, así que, dedíquelle máis horas en vez de irse ao monte para cazar lebres. Xesús botou do templo aos mercaderes..."

. Crearon as Misiones Pedagógicas.

. Mediante un "plan quinquenal", proxectaron construír 7000 escolas no ano primeiro, e 5000 en cada un dos catro posteriores. Por culpa do crack do 29 construíronse algunha menos, pero, intentouse!

. Encargáronlle a Lorenzo Luzuriaga un Plan Escolar, con estes principios:

Que a educación pública fose unha función esencial do Estado.
Que a educación pública fose laica (deixando a relixión para os teólogos, para os seus especialistas, como dicía o Rielo de Luaces).
Que o ensino, en especial a primaria, fose gratuíto.
Que a educación tivese un carácter activo e creador, tamén permanente, dando cursos de perfeccionamento ao profesorado.
Que a educación pública tivese un carácter social, integrada na sociedade, cunha conexión meirande entre os pais e maila comunidade educativa.
Defensa da coeducación, séxase educación mixta, conforme a un mesmo programa en tódolos grados do ensino.
Un todo unitario, integrado por tres niveis con comunicación entre si: Primaria, con dúas modalidades: voluntaria (4-6 anos), e Básica, (6-12 anos). Secundaria: Prolongación da primaria (12-15 anos) e preparación para cursos universitarios (15-18 anos. Superior: O tramo universitario.

Moi importante. Dicía, ao pé da letra: "El profesorado. Se necesita que el docente esté convencido del programa pedagógico para que este no fracase, necesitándose por lo tanto una concienciación y preparación adecuadas por parte de los maestros".

Agora, meu netiño, vouche falar, ou mellor dito, vanche falar os da Internet, das diferenzas entre os dous períodos, así que, como a descrición é longa, disponte a copiala:
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES