Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As escolas no franquismo (3)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 17 de enero de 2025
Recapitulando, analizando, nunha rápida ollada retrospectiva:
A preparación específica do Maxisterio viuse enraizada no ano 1839 co establecemento en Madrid da Escuela Normal Central, que a dirixiu Pablo Montesinos. A partires diso, con cantidade de axustes e desaxustes, con experimentos non sempre acertados ou de boa fe, fomos chegando á reforma das Escuelas Normales do 1914, alentada por Bergamín, con novos aires, con novos bríos. Nesta etapa flota, prevalece, segundo as diversas fontes que teño consultadas, a pouca formación cultural, o predominio da teoría sobre da práctica, e tamén o predominio da instrución sobre a educación; en xeral, unha preparación pedagóxica raquítica.

Esta reforma do 14 sostense, con poucas variantes, ata a ano 1931, coa chegada da II República, con estes avances en canto á formación sistemática do Mestre:

- Catro anos de duración, cultura xeral e unha certa preparación profesional con prácticas de ensino.
- Establécese o título único de Maestro, suprimindo a dobre titulación de "maestro elemental" e "maestro superior".
- Estabiliza os centros de formación de Magisterio, desvinculados dos Institutos de Segunda Enseñanza.
-.-

Saberás, meu neno, e se aínda non o sabes dígocho eu, que a nosa parroquia, Montecubeiro, con todo ser a meirande en superficie de todo Galicia, máis que moitos concellos, ¡con 33 entidades de poboación!, cando chegou, cando nos trouxeron, a II As escolas no franquismo (3)República, ¡só tiña unha escola pública, a do Pombal, nese casarío central onde os frades tiveran o seu pombal! Imaxínate os desprazamentos dos nenos, monte arriba e monte abaixo, para asistir a esa escola, -entre ida e volta, algúns, tres leguas de corredoiras-, e para iso, cando tiñan Mestre!

Ata daquela, e despois con Franco tampouco, as linguas autóctonas, a efectos escolares, ¡tamén escolares!, considerábanse idiomas incultos; por se isto fose pouco, no 1924, séxase durante a ditadura de Primo de Rivera, os contidos educativos e mailo persoal docente foron sometidos a un control ideolóxico esgrevio, reactivado no franquismo; con Primo de Rivera xa comezaran as depuracións, particularmente dos varóns, que algúns foron substituídos por mestras das escolas normais.

Coa chegada da República, pediuse unha escola (Nacional Mixta) para Maxide (foino, e veu, a nome de Sagaruje), e outra para Cepomundín. Esta última non chegou a funcionar. As escolas no franquismo (3) Moitos anos despois, xa na Ditadura, solicitouse, e veu aprobada, outra, esta para Sarceda.

Na escola de Sarceda

A de Sarceda veu tardía, pero aínda quedaban nenos na parroquia; desde aquela o despoboamento foi progresivo.

¿Mentres, que? ¡O dito: escolas de a ferrado, e cando se cansaron de pagar, e/ou de cobrar, un ferrado por cada mes e ano, pagáronse a cartos, a pesetiñas.

As armas do franquismo

Para entendelas, para entender a súa vitoria sobre o espírito democrático que se estaba xestando na España dos 20 / 30, hai que pararse, polo menos, nestes puntos suspensivos, ao meu criterio nunca ben explicados:

Para min, os distintos e sucesivos fracasos do Ejército español, tanto en América como nas Filipinas, e despois en África, que o chamaban ao seu desquite propoñéndose mangonear no reino borbónico, que por outra parte era débil e incompetente, comezando por Isabel II, da que non falarei nunca porque me dá vergoña, incluso, que teña unha rúa en Lugo.

A partires do desembarco de Alhucemas, entre o derroche de "munises", a fame que pasaban os mouros, así como a integración dos nosos maleantes nas forzas africanistas, mandar en África foi unha academia de rigorosidade militar, que ben a utilizou don Francisco para o seu Alzamento.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES