Os marines detidos
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 09 de enero de 2025
Xa vos contei unha curiosa historia de JFB., de cando se fixo pasar por un policía secreta nun club de meretrices, e acabou casando cunha delas. Pois ben, hoxe vou contarvos outra que tampouco non ten desperdicio.
Antes de nada, quero facervos unha aclaración: A JFB. coñézoo persoalmente. Fai moitos anos tivo un bar en Foz. Non e de Foz, é dunha aldea de Alfoz e agora leva moitos anos en Barcelona, onde aconteceron os feitos, tanto o de facerse pasar por policía secreta, como a que vos vou a contar a continuación.
Estaba un día JFB. nunha cafetería do peirao de Barcelona, tomando unhas cervexas. Como el tamén era camareiro de profesión, observaba como traballaba o persoal e como funcionaba o ambiente da cafetería.
De súpeto ve entrar pola porta do local a un grupo de Marines das Forzas Armadas dos Estados Unidos de Norteamérica. A entrada dos marines foi normal, pero entre eles traían unha esmorga que lle chamou a atención non só a JFB. se non tamén ao resto dos presentes no local.
Cada cal deles comezaron a pedir as súas consumicións, que daba a sensación de como se houbera vinte anos que non tomaran nada nin viran o mundo civilizado. Aquilo non era beber, era tragar alcohol, da boca ao estómago por liña recta. Uns bebían cervexa, outros viño, outros coñac, etc.
Como dixen antes, a esmorga entre eles era desproporcionada aínda que a xente presente, xentes de cidades coma Barcelona que xa están acostumados a esas letanías, non lle daban demasiada importancia, aínda que si se sabía que a cousa non acabaría ben.
Efectivamente, a cousa acabou mal, pois os Marines beberon e beberon en menos de media hora o que os presentes non beberon en toda a tarde, e claro está, como fan os americanos, hai que armala, porque da Armada son.
Os marines comezaron a romper vasos, botellas, copas e todo o que encontraban por diante, ata que ao final, comezaron a romper mesas cadeiras, lapadas, etc., todo como auténticos salvadores como din ser deses países en guerra e que eles van en misión pacifista. Como heroes nolos poñen nas películas e como energúmenos os vemos nós.
Cando o noso protagonista viu como rompían con todo ante a impotencia dos camareiros e os donos do local, JFB. non tivo outra ocorrencia que sacar do peto unha pistola e berrarlles aos marines coa única palabra que sabía dicir en inglés, STOP!!!. Ao berro de stop os marines pararon de romper cousas e ao ver a JFB. coa pistola na man, ergueron os seus brazos a xeito de rendición.
JFB. coa propia man da pistola fíxolles sinais de que saíran para fóra, e ao ver que obedecían coma ovelliñas, seguiu facéndolles sinais de que continuaran andando. E así pouco á pouco os foi levando ao peirao a onde tiñan atracado o barco militar.
Chegados ao barco, os membros da tripulación ao ver aos marines mans arriba e a JFB. coa pistola na man, mandaron chamar a un cabo de orixe hispano que sabía falar español, para facer de intérprete, e canda a el, outros altos mandos do barco americano para saber que era o que estaba pasando.
JFB. comentoulles aos xefes o que os seus marines habían feito e o cabo traducindo. Comprendido todo polos mandos militares, mandaron arrestar aos marines e acompañaron a JFB. ata a cafetaría. Cando viron a desfeita que fixeran os soldados, de inmediato procederon a solucionar o problema e tramitar para pagar tódolos gastos dos actos vandálicos.
Cando xa se ían marchar e se despediron do noso heroe, JFB. cun enorme sorriso nos labios, díxolle ao intérprete ensinándolle a pistola "dilles e estes oficiais, que fai máis un español cunha pistola de xoguete, que todo o exército dos Estados Unidos co gran armamento que teñen". Cando os presentes viron que a pistola era de xoguete, escachizaban á risa, pero JFB. engadiu "e dilles, que para a próxima non teñan tanto medo, que en España non están permitidas as armas".
Caso real.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)