Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manifestacións pascuais

viernes, 19 de junio de 2009
Cando Pascual fundou unha empresa familiar en Aranda de Duero en terras burgalesas, seguro que soñou con productos da terra seleccionados para as mellores mesas do país, sacando ouro do traballo da xente que revertise para todos sabendo que dese xeito se facía país, creábase riqueza, e dignificábase o traballo de todos. E o vello Pascual creou un emporio que chegou a moitas terras do Estado, e deu traballo a moita xente.

Viñeron tempos difíciles, e os continuadores do visionario fundador replegaron velas e pretenderon pechar instalaciones deixando sen traballo a moitos cabezas de familia. E estes, que saben que a empresa funciona e é rendible, non se conforman coa decisión, e maniféstanse.

E mentras as manifestacións do metal vigués evidenciáronse manifestamente violentas, as manifestacións pascuais -diurnas e nouturnas- son pacíficas e case sempre silenciosas. E pórtanse velas, lévanse pancartas ou coréanse lemas alusivos ás protestas.

A loita segue, xa que o último capítulo por agora é a decisión da empresa de seguir adiante co Ere. Dunha parte, unha poderosa empresa que non demostrou ter problemas e semella exercer pura estratexia empresarial. Doutra, cento cincuenta e cinco traballadores directos e moitos máis indirectos que queren seguir cobrando cada mes por un traballo ben feito, a conciencia.

Pode haber moitos máis remedios para solucionar problemas laborais. Pero polo de pronto os traballadores galegos de Pascual, pacífica pero firmemente, están facéndoo moi ben na defensa dos seus máis sagrados intereses, dos seus postos de traballo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES