Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moito que enmendar

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de enero de 2025
Cando empezamos un novo ano sempre adoitamos facer propósitos.
É propio do ser humano querer enmendarse para evolucionar.
Cadaquén sabe moi ben cales son os seus propósitos.
¿QUÉ MELLORAS PODEMOS PEDIR NESTE ANO 2025?
A nivel persoal o primeiro de todo sempre é a saúde.
Cando pedimos saúde, referímonos á saúde integral:
SAÚDE FÍSICA para que o noso organismo funcione ben.
SAÚDE MENTAL para que nosa mente nos permita realizarnos.
SAÚDE AFECTIVA para que non nos falte o cariño das persoas.
SAÚDE ESPIRITUAL para amarnos mutuamente.
Tamén para dar gloria a Deus no caso dos crentes.
¿COMO COIDAMOS A SAÚDE FÍSICA?
Moitas persoas poden levar unha alimentación equilibrada.
A outras non llelo permite a economía.
Moitas persoas poden facer deporte ou acudir a un ximnasio.
A outras resúltalles imposible.
Todos queremos alimentos ecolóxicos.
Non están ó alcance de tódolos petos.
Os supermercados ofrecen productos moi procesados...
Como resultado prodúcese a OBESIDADE:
Unha enfermidade destes tempos que afecta a tódalas idades.
Máis da metade da poboación española temos quilos de sobra.
E non é nada doado desfacerse deles.
A SAÚDE MENTAL TAMÉN PRESENTA LAGOAS
Certo que adquirimos máis títulos académcos que nunca.
Tamén é ben certo que:
Padecemos máis estrés que nunca.
Consumimos máis ansiolíticos que nunca.
Estamos máis deprimidos que nunca.
Dormimos peor que nunca...
E NO TOCANTE Á SAÚDE ESPIRITUAL
Fanse retiros na natureza.
Fanse, cursos diversos para encontra-lo equilibrio...
Pero unha cousa é ben certa: son totalmente insuficientes.
Falla a dimisión transcendente que nos eleva a Deus.
Nestes tempos a autosuficiencia limítanos.
Queremos conseguir todo coas nosas propias forzas.
Nin as nosas forzas soas chegan.
Nin a ciencia dá resposta a todo, como pensan algúns.
Caemos no materialismo e no consumismo...
Eso non dá sentido pleno á nosa vida, necesita o apoio divino.
Os católicos chamámoslle Deus.
De Deus emanan os dons necesarios para darlle sentido á vida.
O HOMO SAPIENS quere construir un mundo á súa medida.
Quere construír un mundo feito de espaldas a Deus.
Ignora que ese non é o camiño.
A verdade é que a nivel persoal xa temos bastante que enmendar.
¿QUE DICIR DA SAÚDE SOCIAL E MORAL?
A sociedade actual deslúmbrase con luces artificiais.
Non ve a Luz verdadeira que é a que ilumina os nosos pasos.
Moitos de nós, levamos os ollos vendados con cousas superficiais.
Non valoramos as cousas auténticas.
O mercado ofrécenos tanto, tanto, TANTO...
Que nos vai levando a un mundo que pide máis e máis...
O único que pretende é o consumismo e o materialismo.
Favorécese o capitalismo e a brecha entre ricos e pobres.
ONDE OS NOSOS PAIS POÑÍAN A DEUS...
Hoxe poñemos os CARTOS e os cartos cada vez alcanzan menos.
ONDE OS NOSOS PAIS POÑIAN SACRIFICIO...
Hoxe poñemos HEDONISMO: amamos o pracer polo pracer.
ONDE OS NOSOS PAIS POÑÍAN DISCIPLINA...
Hoxe poñemos: INDISCIPLINA, DESOBEDIENCIA, REBELIÓN...
PARA PROTESTAR SOMOS OS PRIMEIROS, pero para arrima-lo ombreiro somos os derradeiros.
Queremos traballar menos horas cobrando o mesmo.
Non caemos na conta de que teremos que pagar máis horas de traballo pola mesma cosa.
¿Contribuirá esa fórmula a mellorar a nosa calidade de vida?
¿Cara a onde imos?
¿QUÉ QUEREMOS?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES