Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia remata 2024 con máis e mellor emprego

Bouza, Maica - miércoles, 08 de enero de 2025
É o momento de que se faga política autonómica para converxer co Estado e reducir as desigualdades

03-01-2025.- Para Comisións Obreiras (CCOO) os datos que hoxe coñecemos indican que o paro rexistrado diminuíu en Galicia en 10666 persoas no último ano (unha redución do 8,2% que é superior á do Estado onde a caída é do 5,4%) e a afiliación á Seguridade Social no último día de decembro se incrementa en 15307 persoas (1,4%) respecto ao mesmo período do ano anterior (menos que no Estado onde a suba é do 2,2%). Galicia remata 2024 con 118838 persoas en desemprego: 50678 homes e 68160 mulleres.

Os datos evidencian un bo comportamento do emprego no ano 2024 con 15307 persoas afiliadas máis ao rematar o ano. A afiliación no último día de decembro era de 1070373 persoas afiliadas. Os contratos indefinidos medraron máis (8,3%) que os eventuais (6,5%) en termos anuais dos meses de decembro, por iso ao remate de 2024, 27 de cada 100 contratos rexistrados son indefinidos cando antes da reforma laboral eran 10 de cada 100. A evolución anual da afiliación, a último día de mes, nos réximes xeral e autónomos achega tamén datos positivos: aínda que a actividade na que máis emprego se crea é na sanitaria e de servizos sociais (+3739 empregos) observamos con atención o elevado volume de emprego creado nas actividades profesionais (+2132), administrativas (+1902) e educación (+1921) que son as máis ligadas ao cambio do modelo produtivo reivindicado desde CCOO. Destaca tamén a industria manufactureira (+2002 empregos) e a hostalería (+1925).

Pero en opinión de CCOO non todo son bos datos. Como xa sinalamos, a creación de emprego tomando o dato do último día do ano é inferior que no Estado como adoita ser habitual (1,4% fronte a 2,2%) e a porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total é dez puntos inferior en Galicia que no Estado (26,9% por 36,9%). A afiliación medra menos debido, en parte, a un peor comportamento do mercado laboral no mes de decembro. Se unha mesma lexislación común ao Estado arroxa unha evolución tan diferente dos indicadores laborais, a explicación haberá que buscala nas eivas da nosa estrutura produtiva e nas políticas, ou na ausencia das mesma, aplicadas a nivel autonómico. Dada a evolución do emprego no último más, estaremos vixiantes a ver si o dato de fin de mes responde a circunstancias conxunturais ou estacionais ou si, pola contra, estamos na senda correcta do cambio de modelo produtivo empurrado pola transición verde e dixital.

Non podemos ignorar a fenda de xénero que sofren as traballadoras galegas que ten moito que ver coas actividades e condicións nas que se desenvolven o seu traballo A pesar de que o desemprego feminino se reduce en 6633 mulleres e o masculino o fai en 4033 homes, non se reduce a fenda das mulleres no desemprego, onde seis de cada dez persoas paradas son mulleres ao rematar 2024.

Desde CCOO avaliamos positivamente os datos publicados hoxe pero instamos a que non sexan flor dun día e demandamos ao Goberno galego que utilice as súas competencias para que esta mellora sexa estrutural e se consolide a creación de emprego de calidade apostando polo incremento do peso do emprego industrial e das actividades de maior valor engadido dos diferentes sectores ao tempo que se reducen as desigualdades no mercado laboral galego. CCOO esíxelle á Xunta de Galicia que goberne para converxer co Estado e reducir as desigualdades.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO
Bouza, Maica
Bouza, Maica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES