Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 07 de enero de 2025
Pingas de Orballo
Na aira do silencio

A aira está solitaria. Os palleiros de palla son testemuño do silencio. E o silencio vese alterado polos pasos de Inocencio, o fillo do Toupeiro. Inocencio, ó que todos coñecen polo Arrastrado, arrastra os pés de tal maneira que rompe silencios e ruídos, se os houbera. Ten unha forma de arrastralos tan rara que sempre tropeza con algo e altera o ecosistema da realidade.
O Arrastrado, e por aquilo de que vive na derradeira casa da aldea, cada vez que ten que cruzala, faise notar. Como se adoita dicir: por onde pasa, arrasa, ou non deixa cousa con cousa. Tamén é certo que cruza a aldea poucas veces; de aí que case non se comunica con ninguén. Vai da súa casa ás leiras (que se dá a casualidade de que as ten todas para o oeste) e destas á casa. Moi de figos a béveras crúzase con algún veciño e o seu saúdo é coma os dos ascensores.
Non é de moito falar porque sabe perfectamente que todos andan a burlarse del a causa do seu arrastre de pés. El non o pode evitar; a incapacidade esa xa lle vén de nacemento e, nas aldeas, ó ser poucos, pasa o que pasa: que nos gusta falar ou recalcar as desgrazas dos demais.
Inocencio, O Arrastrado, senta á beira dun palleiro e asubía polo seu can. Este sae da canella que está á súa dereita e, segundo Inocencio fai ruído cos pés, o can fai ruído co rabo. Abanéao con tanto ímpeto que non sei como non rompe as costelas. A alegría do can é tanta que se lanza sobre Inocencio con tanta forza que mesmo o tira ó chan. Póñense os dous a xogar. Máis ruído na aira do silencio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES