Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todas, galescolas

jueves, 18 de junio de 2009
No goberno bipartito da Xunta de Galicia que exerceu funcións de 2005 a 2009, as competencias quedaron perfectamente repartidas, entrelas a de Educación, que calquera forza política considera vital á hora de gobernar.

O PSOE reservou para si a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mentras o Bng ostentaba as competencias de Xuventude, incardinadas na Vicepresidencia que exercía Anxo Quintana.

E como en calquera competición deportiva, a loita produce goles no momento en que se introduce na portería contraria o balón ou elemento que marque a fluctuación de influencias.

O Bng marcoulle un gol de bandeira ó PSOE cando sacou da manga a creación de Galescolas para os galegos máis novos co pretexto de que era un tema de Xuventude aínda que parecía cuestión educativa.

Así se funcionou, no precario equilibrio do tira e afloxa, durante o tempo que durou o bipartito. Agora, a Xunta vai incorporar estes centros que acollen nenos de 0 a 3 anos, á rede xeral educativa. Pasarán a depender da Consellería de Educación, como parece esixir a lóxica, e todas terán un mesmo rexime a partir do próximo curso.

Non haberá galescolas especiais, ou todas serán galescolas, de xeito que se homologue o seu funcionamento e adscrición. Que está ben así, porque gobernar non significa meter goles senón convencer e administrar.

Todas, Galescolas: Ou sexa, escolas para nenos galegos onde aprendan a convivir, que o que se pretende na etapa escolar é formar cidadáns do futuro, todos nas mesmas condicións, que saiban pensar e obrar en liberdade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES