Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As escolas no franquismo (1)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 10 de enero de 2025
As tres relixións do franquismo

Preguntoume un neto como era a escola no FRANQUISMO, comparativamente, agora que estamos ensaiando a democracia. Ao parecer pedíronlle unha redacción ao As escolas no franquismo (1)respecto, así que isto é o que lle dixen:

Esta fotografía está tirada dun libro de Narciso de Gabriel, catedrático da Escola de Profesorado da Coruña, titulado "Escolantes e escolas de ferrado".

Nesta contraportada, tres xeracións daqueles mestres. Da esquerda á dereita:
- Meu querido pai, José María Gómez Lombardero, que comezou a ensinar no cuartel, en Ferrol, no Regimiento Infantería Zamora núm. 8, na súa Escuela de Analfabetos; de licenciado seguiu, de por vida, no seu Bergland, en Luaces, en Millares..., ata a súa vellez, que a iniciou sendo substituto da Mestra titular na Escuela Nacional Mixta de Sagaruje, (Maxide), Lugo.

- Este servidor, que falei en público, por primeira vez, naquel "tribunal" da Pascua, puxen escola en Santa María de Piñeiro (Corgo) aos 16 anos; e cando tiña 17, en Librán (da Valeira). Aos 18 funme para Madrid, voluntario, ao Ministerio do Ejército, para ter a posibilidade de estudiar..., ¡algo máis!
- José Manuel Miranda Fernández, que se iniciou en Adai, na Casa Da Pedra, e concluíu na Escuela Nacional Mixta de Sarceda (Montecubeiro) substituíndo á Mestra titular.
-.-


De propósito, para ilustrar un pouco aquelas calamidades do franquismo, unha anécdota persoal, que vou comezar esta escolma referíndoche como pasei aquela Noiteboa de cando estiven en Librán:

Aproveitando o día, non soltei aos rapaces, nenos e non tan nenos, ata que empezou a escasear a luz solar. ¡Meus pobres, a súa festa, pero tamén a miña, era lograr que aprendesen a escribir, cunha caligrafía mediana, pero lexible, e cunha redacción comprensible, tal que unha carta familiar, que daquela era o único medio de comunicación á distancia! Collín o paraugas e botei a andar polo camiño de Montecubeiro, sen problemas ata subir á Poza do Barro pois alí, nas pisadas, a neve xa me entraba na zoca, pero o camiño apreciábase porque aínda lle quedaba algo do seu baixo releve.
Un pouco máis arriba as gadoupas dos lobos estaban visibles, ben xeadas e seladas; pero non puiden retratalas porque daquela non tiña máquina de retratar, que só se usaban nas feiras, e para iso, pagándolles aos profesionais!
As escolas no franquismo (1)
Aló arriba, no cume da serra, onde pon iso dos 1029 m. sobre o nivel do mar, senteime na pilastra do vértice xeodésico, ¡coa neve por coxín!. ¿Que fago agora; volvo para Catatrigo? ¡Pero saquei folgos da fraqueza e díxenme: En Bergland van estar preocupados por min, esperándome para cear, así que, como din que fan os mariñeiros, "Avante toda!". Púxenme a escoitar, pero non se oían ouvidos do lobo senón de cans, que viñan do outro lado da serra. ¡Iso debe ser Teixeda! E como o rastro do camiño se notaba pouco, máis ben me ativen aos ladridos daqueles cans.

¡Por fin din chegado á Teixeda, e desde alí para baixo, pasando por San Cibrao, non tiven neve máis que nos valados dalgunha corredoira; ¡a Deus grazas!

En Bergland nin que dicir ten que os asombrei coa miña ¿valentía, temeridade?, pois con aquel temporal xa non contaban comigo. Meu pai, voso bisavó, sempre tan relixioso e tan ocorrente recibiume, que nunca se me esquecerá, con esta panxoliña:

Llegan a un mesón a pedir posada
Responden de dentro -¿Quién afuera anda?
-Pobres caminantes cansados de andar.
Antes de las doce a Belén llegar.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES