Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que esperan de nós?

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 02 de enero de 2025
Cando nós chegamos a este mundo, recibimos un legado dos nosos ancestros: unha familia estable, un fogar cargado de amor, uns valores de respecto e obediencia ós superiores, unhas tradicións, dúas linguas, etc...
Tiñan os seus defectos, claro que si; pero permitíronnos saír adiante sen traumas para defendernos na vida.
Podemos dicir que os nosos ancestros deixáronnos un bo legado.
Agora tócanos transmitilo ós que nos suceden.
¿QUE LLES TRANSMITIREMOS?
-Unhas cuantas familias exemplares, outras desestructurdas e outras que teñen moito que mellorar.
Esto débenos facer reflexionar no tipo de familias que queremos para a próxima xeración.
Como non hai ben que por mal non veña, quero pensar que:
Quizais as criaturas que sofren tanto por esa razón, se plantexen crear unha familia equilibrada na que reine a paz e o amor para que os seus fillos teñan un mellor recordo dos seus proxenitores.
- Unha vivienda, na que: moitas veces convértese nunha fonda porque non queda tempo para dedicar ás persoas que máis amamos...
Existe a posibilidade de que as xeracións vindeiras caian na conta de que os cartos non solucionan os problemas de afectividade que necesita unha familia e se conformen con menos cartos e máis vivencias familiares. Difícil; pero non imposible.
- Uns hábitos que consisten en ir da casa para a escola e desta para as actividades, sempre en mans alleas, consultando no móbil as dúbidas propias da idade que noutros tempos resolvían as familias e os confesores.
Ogallá que as augas volvan ós seus cauces e a xente xove sinta a calidez humana de persoas de confianza que lle axuden a conducirse polo camiño da vida con seguridade e valentía.
- ¿Valores?
Non se respecta ós superiores e vemos que:
- Hai fillos que maltratan ós pais, a quen tanto lles deben.
¿É TAN DIFÍCIL COMPRENDER QUE ANTES DE SER PAI OU NAI, HAI QUE SER FILLO OU FILLA?
Miña nai decía: "fillo es, pai serás, según as fagas así as verás"
- Hai alumnos que fan a vida imposible ós profesores, que son os que os preparan para que poidan defenderse na vida.
¿É TAN DIFÍCIL COMPRENDER QUE ANTES DE SER MESTRE, HAI QUE SER UN BO ALUMNO?
A min dicíanme na casa: "mentres que estás na escola és dos mestres, tes que facer o que che manden"
- Hai doentes que maltratan ó personal sanitario, cando é o que máis se ocupada nosa saúde física e metal.
¿É TAN DIFÍCIL COMPRENDER QUE O PERSONAL SANITARIO FAI TODO CANTO PODE POLA NOSA SAÚDE?
Claro que a ciencia non dá resposta a todo, pero fai o que pode.
- Hai persoas que critican o labor do clero:
¿É TAN DIFÍCIL COMPRENDER QUE O QUE FAI É EXPLICAR A PALABRA DE DEUS, QUE DÁ SENTIDO Á VIDA E QUE NOS ORIENTA PARA LEVAR UNHA VIDA DE AMOR RECÍPROCO QUE FACILITA A CONVIVENCIA E FAI QUE O MUNDO VAIA MELLOR? ¿É TAN DIFÍCIL COMPRENDER QUE Ó LONGO DA HISTORIA DA HUMANIDADE SEMPRE SE BUSCOU AXUDA NA RELIXIÓN?
- Hai persoas que faltan ó respecto ás forzas de seguridade cando estas velan para que se respecten os nosos dereiros.
¿Por qué os delincuentes se revelan contra a autoridade?
¿Queren xustificar a súa conducta delictiva?
¿É TAN DIFÍCIL COMPRENDER QUE SE NOS SALTAMOS A LEI, MERECEMOS UN CORRECTIVO?
- A lingua
Hai moitos proxenitores galego falantes que se comunican cos seus fillos nunha lingua que nin é a galega nin a castelá, é unha misturanza que non está recollida en ningún diccionario.
En Galicia temos dúas linguas oficiais; pero resulta totalmente incoherentes que entre os membros dunha mesma familia se usen linguas diferentes.
¿PARÁMONOS A PENSAR QUE A LINGUA GALEGA É O NOSO PRINCIPAL SINAL DE IDENTIDADE COMO GALEGOS?
E así pasa coas tradicións e con outras moitas cousas...
¿Por qué nos empeñamos en tirar con todo e non poñemos nada mellor no seu lugar?
¿Queremos acabar coa nosa civilización?
A VERDADE É QUE DE NÓS ESPERAN ALGO MOITO MELLOR:
- ESPERAN UNHA FAMILIA EQUILIBRADA onde as criaturas poidan disfrutar da nai e do pai en amor e harmonía.
- ESPERAN UN FOGAR onde poidan expresar as vivencias íntimas.
- ESPERAN UNS HÁBITOS onde se respecten as persoas e os horarios.
-ESPERAN UNS VALORES QUE NUNCA DEBEN ESQUECERSE: respecto, humildade, amor, paciencia, disciplina, orde, piedade...
O ano 2025 ofrécenos moitas posibilidades para mellorar a nosa calidade de vida.
¿Intentámolo?
"MOITO QUE ENMENDAR"
Este seró o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES