Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alvariño

miércoles, 17 de junio de 2009
Esta fin de semana, a Chaira vai recrearse na obra dun dos seus cantores máis fieis, “Alvariño”, coma o coñecían os seus compañeiros do Seminario. Vai ser unha celebración no corazón do pobo, sentida e vivida dende o agradecemento, de quen se sinte arrequentado pola lírica dun dos seus mellores bardos. Este leito popular do IX Congreso Cultura Terra Chá, dedicado ao poeta Iglesia Alvariño, ciméntase na decisión do concello de Castro de Rei, de abrirlle unha rúa co seu nome, no centenario do nacemento, a carón da escola na que foi abrollando a súa cantiga a estes lares. Esta vila de recias raíces, sabe recoñecerse nos seus veciños máis senlleiros, e está a converter os camiños que nacen no Azúmara, nunha fervenza de creación… Outras tantas rúas ábrense ao vento da historia máis auténtica, enxergadas na sabedoría dos “señores da palabra”: Francisco de Fientosa, o poeta mártir, Crecente Vega, agora Alvariño…, grazas á arte duns rexedores, capaces de sintonizar coa vontade popular de ficar na luz d@s seus guieiros, por iso, a memoria dun alcalde, Emilio Sinde, vai manterse gravada na mesma paisaxe, compartindo un destino común. Tres investigadores das esencias chairegas, traballadores a pé de obra, polos nosos sendeiros, van actualizar a obra de Aquilino, nesta hora de luces e sombras: Ricardo Polín, en Castro, vai desvelarnos aínda máis, a conciencia chairega do poeta de Seivane. Manolo Regal, no mesmo berce do escritor, na Igrexa de Vilarente, vai agasallarnos con 4 das súas estampas rurais, e Félix Villares, vai mergullarnos na Escola Poética do Seminario, tan ligada á Terra Chá, na Muimenta, que Aquilino presaxiou en "Un día" (1947): “Un día hamos ser neniños/ nun país bárbaro de montes/ e xesteiras inmensas, amarelas,/ e prados sempre verdes, e bois pios,/ e infinitos regatos, patuxando/ pra os muiños da mao.
Os galos de cen aldeas/ traiguerán do país dos mouros/ carros de sol, que as loias, ó mencer,/ irán esparexendo sobre os picos/ e as rozas do centeo.
Nas veigas de Moimenta os poltros novos/ correrán entre a i-erba e o restroballo/ das froles, que lles chegan ó fuciño.
Por tóda-las veredas/ haberá unha rolada de rapaces,/ argallando nos cómaros, ó sol.
E no medio dos trigos/ han de nacer brazadas de cantares/ para encher de alegría/ as cambeleiras orfas desta hora”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES