'Lembrando a tres humanos piares do Belén de Begonte'
Pol, Pepe - lunes, 30 de diciembre de 2024
Cuando llegan estas entrañables datas, las fiestas navideñas, en todas las casas se hace balance de como ha sido el año. En A Chaira, concretamente en Begonte, hay una muy singular, la que tiene abierta sus puertas en los meses de Diciembre y Enero, estamos refiriéndonos al Belén de Begonte, e igual que su junta directiva, la que preside en la actualidad D. Xulio Xiz, celebra sus periódicas reuniones también todas las figuritas que conviven y realizan sus labores en esta grandiosa casa "chairega" han decidido, unas jornadas antes de la inauguración, la que se abre con el consiguiente pregón, mantener una "xuntanza".
El único tema a tratar para ese día en que se celebra reunión tan extraordinaria es hacer un merecido recordatorio de tres pilares muy importantes de este espiritual hogar que hoy día se hallan en el Belen de Begonte del Cielo donde, de seguro, se han congregado con los fundadores y otros colaboradores que allí están, ellos los muchos finados que tanto hicieron por el begontino belén constituyen en el paraíso esa otra representación de este terrenal.
Una lavandera levanta sus manos a los cielos y, en lingua galega, en la que piensan y hablan estas figuritas de madera y barro, lo siguiente dice:
- "Pai Xosé Domínguez Guizán, e pai Xosé Rodríguez Varela, co voso permiso e co do Pai Deus e deste Neno noso- dirixindo a súa ollada cara o pesebre- abrimos a sesión, esta que coma muller traballadora e na voz de tod@s encoméndanme sexa eu a súa voceira. Este ano o balance é de tristura e pesar por iso, cos nosos singulares trenos pretendemos homenaxear a tres persoeir@s grandiosos do noso Belén que nos meses de Febrero e Marzo marcharon a eses celestiais eidos. Fago referencia a D. Xesús Mato, Dona Pilar e D. Santiago Rodríguez.
A continuación pasamos a cantar neste caso non son panxoliñas de ledicia, son elexías, trenos de fonda dor."
Después uno de los pastores del belén de Begonte tomó la palabra, del siguiente modo habló y recitó:
- "Veño das terras altas do Courel e quero eiqui lembrar a quen dixo: "O tradicional e moi querido belén de Begonte, non aparece por casualidade. Foise facendo, pouco a pouco.Tiña fondas raíces na maioria das casas e igrexas de Galicia...". Estou a falar do pai Mato que marchou aos ceos en febreiro deste ano".
Entón un grupo numeroso das figuriñas que representan a pastorciños galegos desde diferentes puntos comenzaron a cantar o seguinte:
"Se el foi fundador de "Galicia Canta ó Neno", nós queremos cantar ao home estes modestos versos, ese home chamado "O Pai Mato" que tanto admiramos e queremos. Envolve a densa brétema a bisbarra dos eidos do río Loio; escachar non pode o sol nese luctuoso día a brétema alba porque , co pasamento do pai D. Xesús Mato, a dor inunda a súa natal Paradela, moi amada, pola marcha dese grande sementador de virtudes e valores. Choran Lugo, Sarria, Lalín, Portomarín... e Begonte, e as campás das capelas e igrexas das aldeas do Courel tristes soan, dobran pois un veciño e home exemplar, un verdadeiro cultural paladín deixa, sen a súa presencia física, orfa a esta contorna. O pai Mato, pastor de almas na montaña esta,musicólogo; ben fe delo da "Fuxan os Ventos", agora é de seguro un director da polifonía celestial aquela dada a súa notoria e sobresaliente na de Lalín en aqueles tempos; escritor e salvagarda da tradición galega,voz radiofónica por excelencia propia da Radio Popular, guía por excelencia para non perdenos nesta terra. Abrente e mencer da mellor cor, era Mato ese home que parecía anxo no solpor, xílgaro, ruiseñor e pomba de paz e sobre todo cantor da verdade que alumea este galego lar.Polifacético nos eidos da galeguidade, persoa completa e chea de virtudes que sementaba a mans cheas caridade. Un verdadeiro construtor dun país solidario a todas luces, unha desas poucas estrelas que ollamos de día para amosarnos os vieiros expeditos de tristeza maldita porque a luz de Mato era raiola da mesma luz divina. Non quería lacaios nen servos, buscaba os pensamentos feitos realidade nos humanos dereitos. "Auxilia", un paradigma do que foi a súa vida, entrega total ao servicio social. Escritor, filósofo, poeta, musicólogo, orador e sobre todo un abnegado corazón. Un pracer tivemos todos/as escoitando a súa sensata verba, unha palabra firme, que ben chantada na terra sinalaba o camiño do ceo salvador. Paradela nunca esquecerá a súa persoa e para este pobo é unha honra ter fillos desta soa.
O seu legado é grandioso, un ben inmaterial que a paradelenses e tod@s os galegos enche de felicidad. Nunca a neve do esquecemento borrará a grandiosa pegada do pai Mato, pois a súa estela, a propia e xenuina das consideradas culturais estrelas non serán borradas das xentes destas galegas terras. D. Xesús Mato non facía as súas obras benefactoras para asegurarse unha parceliña do ceo, el buscaba cos seus veciños e coñecidos recolleran os froitos dese ceo na mesma terra e abofé co logrou ofrecéndonos velicómenes de humildade. O pai Mato no soamente sabía cantar e rezar, sabía ensinar a lograr ao nosa terriña amar para que todos sexamos labregos nos peitos propios e alleos acadando cas xeracións de mañá teñan asegurado o mellor pan que nunca debe faltar, feito coa masa madre da tradición popular e amasado co sentimento propio que da a galeguidade. Estrela dos meus días, que nas noites oscuras sexades sempre a nosa mellor guía, e esteamos obrigados a manter viva a vosa laboura, deste xeito a tarefa de D. Xesús Mato Mato permanecerá acesa polos anos dos anos.
A música o lembra co nome de Cabodevila,onde a luz primeira recoñeceu na súa chegada a vida. O Belén de begonte nunca esquecerá a quen publicou nos xornais un artigo titulado "O Belén de Begonte. Galego/Chairego... e Universal"
Una vez finalizado se oyó un coro de dulces voces angelicales que aclamándolo decía:
- "Si recibiches a Medalla de Castelao. Hoxe, pai Mato, este Belén de Begonte ofrécevos un efusivo recordo, pois personas como vostede sempre serán exemplo grandioso de que O Nadal está moi vivo cada día e máis neste recuncho de espiritualidade".
A continuación una mujer que estaba hilando cesa de hacerlo y dice: "Non esquezamos a dor que sentimos cando a brisa primaveral do ano 2023 levou a grandiosa humana flor deste belén, estou a falar da muller a quen teño a honra de adicar unhas verbas, a Dama do belén de Begonte, Dona Pilar".
Saca del bolsillo de su delantal un folio que así comienza a leer lo que hay en ese escrito:
"Señora do Begontino Belén, que vou a dicir de vostede que non saiban con creces, xa que, se María e Xosé, nos seus brazos e no seu colo acolleron a Xesús do gran poder, vostede, Dona Pilar, e os outros dous Xosés fixeron o posibel por dar vida a este electrónico belén que naceu aquel día de 1972 e hoxe segue crecendo e medrando cal grandioso corazón que latindo en cada Nadal enche a Terra Chá e Galicia de felicidade porque ese portal es a exemplar e grandiosa aldea do noso rural.
Chegou vostede, Señora e Dama de Begonte do Belén, do bonito pobo de Monterroso pero, o seu corazón co do seu esposo Xosé, fixeron tándem de amor grandioso e, proclamamos que esta obra espiritual que de emoción nos volve tolos, este belén de Begonte, é legado e herdanza que vostedes, o begontino Varela e os fillos de Vilalba, os cregos Don Xosé y Xesús,que son pais de tan magna e cristiá obra, sumados ao tamén vilalbés D. Xulio Xiz, entre todos conforman humanos piares e vigas mestras para sosteer eiquí o que hoxe ollamos con abraiante fascinación, este belén, luz de fraternal amor.
Gracias a vostede, Señora e Dama do belén, quen coa súa abnegada vida durante moitos anos, para ventura e para ben de todos os que cada Navidad ata esta pobación vimos a recoñecer que a felicidade está na naturalidade, na sencillez como a deste Neno que está neste portal que acolle ditoso o Centro Cultural 'José Domínguez Guizán'; do mesmo xeito que a Virxen María encontrou nun bonito día ao carpinteiro e humilde, Josè, vostede atoparía a outro artesán, D. José; quen como o varón santo, leva o seu nome e ofrece e consagra as súas mans, coa colaboración das súas e as de Don Xosé , o cura, para facer este Nacimiento ao que o pobo e concello de Begonte da todo o seu apoio. María e San José atoparon o portal onde dende pastores a reyes todos ao Niño veñen a adorar e vostedes dese Centro fixieron que sexa de Galicia o mellor referente e grande espello onde as nosas xentes vexan la luz celestial, sen esquecer a teerra galega na que vivimos e, si Santiago, graciñas ao apóstolo, é outra segunda Roma; Begonte co seu Belén Electrónico, convértese para España toda noutro lugar de cita e encontro cando chega cada Nadal no que a centos e a milleiros veñen visitantes para ver la obra que vostedes, Doña Pilar, co seu traballo e entrega fixeeron que sea por pequenos e grandes loubada, o belén de Begonte. E como os fillos deben seguir o exemplo dos país, o voso fillo está a carón do belén seguindo as vosas pegadas e os máis pequerrechos non lembran a aquela muller que recompoñía noutros anos figuriñas pero recordan a esa muller que con dozura e amabilidade ofrecialles rosquiñas".
En el local del Centro Cultural se oyó al terminar un clamoroso aplauso e unas agarimosas voceciñas que berraban: "¡Dona Pilar, sempre nos nosos corazóns!".
Un pescador, aportando máis emotividad a esa xuntanza confirma:
- "Universal si que é o noso belén, pois, proba de iso, foi que dende Bristol Santiago Rodríguez López, investigador e escritor, tanto e tan acertadamente escribira loubando a este grandioso Nacemento."
Dende su taller de hacer cacharros de barro un alfarero así habló:
- "Cando a primavera deste ano xa entraba, entón Santiago Rodríguez López era soterrado na igrexa de Paradela. Fillo de emigrante, emigrante, dinamizador da cultura e salvagarda dos valores que brotan nesta flor de Begonte. Foise en plena madurez pero o seu legado é inmenso e imperecedeiro. Parece que Santi continuou a grande laboura do seu proxenitor e, coma el, participou con traballos xornalísticos que, a continuación, en lembranza de ambos reproduzco títulos inesquecibels para este belén.
O pai, Manuel Oreste escribiu "O Belén de Begonte armoniza o misterio do Nadal, coa paisaxe e a lingua galega", con este traballo foi galardoado no premio Xornalístico de Begonte no ano 1.988; tamén, cos poemas "Pelegrinos ó Belén de Begonte" (1.979) e "Noite de Nadal" (1.984), foi distinguido nos certames de poesía do Belén de Begonte. Nestas obras queda ben de manifesto o grande amor que este home, Manuel Oreste Rodríguez López, sentía por esta terra galega, polas súas tradicións, as xentes, e por este belén de Begonte onde converxen os valores humanos e espirituales grazas a este encontro o Nadal en Begonte. Dende Barcelona onde traballou e viviu ata 1.987 foi un galego defensor e impulsor de todo o referente a súa terra natal, Galicia, e en especial da súa paradela.
De tal pai é natural que nacera un fillo exemplar, Santiago Rodríguez López, licenciado en bioloxía e doutor en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou como profesor titular na universidade de Bristol (Inglaterra). Como escritor ten publicadas obras arredor da vida e obra do seu pai e como non, o seu abraiante facer literario quedaría plasmado no noso belén de Begonte onde acadou tres distincións consecutivas cos traballos "O Belén de Begonte peregrina Aos Nosos Fogares" (2.020) , "O Neno-Deus naceu na Cima de Guiza" (2.021,) e "Caladas Mensaxes Gorecidas no Belén de Begonte (2.022). No 2023 botamos de menos que este ebanista da verba no participara no certame. Dado que era un home polifacético e moi activo culturalmente pensamos que estaría embarcado en outras aventuras culturais pero, dada a súa espiritualidade, tamén comprendíamos que non esquecería a Begonte e o seu Belén. Nós, as figuriñas, levamos un duro revés cando escoitamos que Santi nos comezos de 2024 finou. Xa non teriamos as loubanzas de tan grande erudito e iso é moi triste porque xa perdimos a outros coma Marcial, Xosé Manuel Carballo... pero, amigos, non podemos ser egoístas tamén nos ceos necesitan de persoeiros coma Santi Rodríguez, xente que marcha para vivir eterno Nadal e levar ata alí as novas e progresos deste belén.
O Belén do Ceo, levou o ano pasado a unha muller exemplar e neste ano a dous homes relevante, son as tres grandes figuras humanas, o pai Mato, Dona Pilar e Santi Rodríguez por iso, hoxe xuntos nesta singular mesa vemos tres cadeiras baleiras, tres poltronas que nunca poderá cubrir ninguén porque eles e ela son insustituibels. O Nadal, lectores, é tempo de felicidade e bonitos soños por iso non queremos traer pesadelos e, como sucede cos seres queridos que marcharon, temos que recordar que deron moitos momentos de delicia e dese xeito temos que lembralos por sempre.

Pol, Pepe