Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (57)

Otero Canto, Xosé - viernes, 03 de enero de 2025
Cómo se mira unha egua para mercala?
2. Logo faise o rexistro

Despois de mirarlle a barbadela faise o trato pero nunca se di que está vendida até que se rexistra.

O rexistro consiste en pasarlle as mans polas canelas das pernas de diante, de arriba abaixo, para ver se non ten vultos, nin aire, nin vexigas... O aire son uns globiños que se lles moven coa man de arriba para abaixo. As canelas dianteiras han de telas limpiñas e lisiñas de todo porque as de detrás téñenas sempre limpas.
Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (57)
Despois pégaselles unhas palmadas no peito porque, se lles doe, poden estar "enfosadas"; é dicir, ter aire nos pulmóns, no peito, e non valen para traballar porque son coxas. A besta que está "enfosada", anda un pouco e cansa ou non quere andar.

Máis tarde levántaselles os catro pés e mírase se son "palmesas", que son as que teñen os cascos moi chans e non teñen ese espazo ao redor dos cascos, que é co único que deben pousar ao andar ou correr; é dicir, ten que quedar no medio do casco un espazo sen pousar.

Logo cólleselles unha orella e, o que a compra, ao mesmo tempo dálle co zapato na canela dun pé da besta e máis do outro e se roña ou rosma quere dicir que é falsa, que patea e dá patadas cando pasan por detrás delas. Isto mesmo hai que facer cando se rexistran as mulas.

Finalmente trótanse. O vendedor cóllea polo ramal e tira por elas, el correndo e a egua a trote que é cando se ve se pasean ben ou mal. A partir de aquí é cando se remata o trato ou se volve todo para atrás.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustración: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES