Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 26 de diciembre de 2024
Botar os fígados

Son o home que botou os fígados de tanto correr. Ás cinco e dez da tarde. Empezara a correr ás oito en punto da mañá. Moito tempo correndo. E se aínda fora todo por chairas..., pero subín montañas, crucei ríos, saltei valados, atravesei toxais; terreos moi desiguais. Normal que ás cinco e dez botara os fígados.
Pingas de Orballo O asunto fora un reto, unha provocación. Orísido Suárez, o fillo da Escarlata, que se burlaba de min chamándome sapoconcho (Sapoconcho me quedou, por certo), porque incluso xa só o meu andar era pousado, lento, calmo, cachazudo, tardeiro, parsimonioso. E así, todos os días, me soltaba esa ladaíña. Espeteille de golpe: vou correr ata botar os fígados. E corrín tanto que os botei ás cinco e dez da tarde.
En realidade chámome Cristo Xesús Indiano Garrocho. O de Cristo Xesús ten o seu aquel. Como meu pai anda a cagarse sempre en Cristo, miña nai dixo que así sería o meu nome. Meu pai, en vinganza, e como miña nai lle rezaba a Xesús todos os días por medio do rosario, optou por meter o Xesús tamén na partida bautismal. Case prefiro o alcume que me puxo Orísido: O Sapoconcho.
Lembrade que todos estes recordos asómanme mentres estou cos fígados fóra á altura da ponte do Muíño da Luz. Agora ben, cumprín o reto: corrín deica rebentar. Sempre son de cumprir as promesas. Ou case sempre. O que pasa é que agora xa non podo correr máis nin cumprir máis promesas. Os rebentados, os mortos non corren nin fan nada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES