Os valores na vida familiar
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de diciembre de 2024
Se temos en conta que unha familia é un grupo de persoas unidas por lazos de prentesco que viven nunha mesma casa, baixo a autoridade dunha delas, debemos concluir que A FAMILIA É A PRIMEIRA E A MÁIS IMPORTANTE ESCOLA.
Esa escola é como un "NIÑO DE AMOR" no que se comparten: xenes, comida, bebida, menaxe, mobiliario, hábitos, horarios, costumes, tradicións, fogar, vivencias múltiples...
NO FOGAR APRÉNDESE:
-A AMAR A TÓDOLOS MEMBROS DA FAMILIA: avós, pais, tíos, irmáns...
-A RESPECTAR POR RAZÓN DE IDADE: a veteranía é un grado.
-A COMPARTIR COMO IRMÁNS para que todos reciban a parte que lles corresponde.
-A GARDAR O TURNO respectando os espazos e tempos dos outros.
-A PEDIR AS COSAS POR FAVOR para que os outros se sintan cómodos á hora de axudar.
-A DAR AS GRAZAS por tantas axudas que recibimos ó longo da vida.
-A CEDER O PASO ÓS SUPERIORES porque cada un debe ocupar o seu lugar.
-A COLABORAR NAS TAREFAS DO FOGAR porque formamos unha unidade familiar e cómpre arrimar o ombreiro cada un según as súas posibilidades.
-A COIDAR ÓS IRMÁNS MÁIS PEQUENOS porque a nós tamén nos coidaron no seu día.
-A SER ORDENADOS: cada cousa nun sitio e un sitio para cada cousa facilita moito a vida; sobre todo donde conviven varias persoas.
-A ESCOITAR CANDO OS OUTROS FALAN para que nos escoiten cando falamos nós, porque todos necesitamos compartir vivencias para aprender de todos.
-A PEDIR PERMISO porque os nosos dereitos rematan onde empezan os dos outros.
-A OBEDECER ÓS SUPERIORES porque nos asesoran con moito cariño e experiencia para guiarnos ben pola vida.
-A COIDAR ÓS ENFERMOS porque necesitan axuda.
É un deber recíproco coidarnos uns ós outros cando nos encontramos mal.
-A CONSOLAR ÓS TRISTES: para alivialos nos momentos que o están pasando mal, igual que nos gustaría que fixeran con nós.
-A XENEROSIDADE para ser desprendidos e aprender a compartir.
-A HONRADEZ no pouco e no moito, porque o que é fiel no pouco, tamén o é sempre.
-A EMPATÍA, poñéndose no lugar do outro para comprendelo sen xulgalo e axudalo dentro das nosas posibilidades.
-A HUMILDADE porque é a virtude das persoas máis "grandes".
-A FIDELIDADE recíproca que inspira confianza plena.
-A PACIENCIA con nós mesmos e cos outros porque todos temos defectos.
-A DILIXENCIA á hora de cumprir cos nosos deberes.
-A REZAR XUNTOS NO CASO DAS FAMILIAS CRENTES porque a oración é o alimento das almas puras para poñerse nas mans de Deus e para cumpri-la súa vontade na terra como se fai no ceo.
-A FACER BEN porque do que se dá, eso mesmo se recibe.
E todas aqueloutras virtudes que fan que a vida sexa harmoniosa e feliz.
O TEMPO DEDICADO Á FAMILIA É UNHA BOA INVERSIÓN
Tamén é ben certo que nestes tempos andamos moi ocupados e buscar tempo no é nada doado.
Pero se sopesamos os pros e os contras, seguro que chegamos á conclusión de que merece a pena.
Hai prioridades. SALVAR UNHA FAMILIA, NON TEN PREZO. QUEDAN FAMILIAS; PERO MENOS.
De feito ainda quedan moitas familias que cultivan estes valores a pesar de todo porque son conscientes de que na familia é onde se xesta o benestar da persoa e da sociedade en xeral.
SE A FAMILIA GOZA DE BOA SAÚDE, A SOCIEDADE TAMÉN.
O que se aprende na infancia, configura a personalidade para toda a vida.
MENOS MATRIMONIOS E MÁIS PARELLAS TAMÉN É CERTO que certas persoas non están polo labor de fundar unha familia con tódalas consecuencias.
Prefiren outro tipo de relación para evitar compromisos e sacrificios, ó seu xuizo, innecesarios.
Deste xeito a sociedade colle un rumbo indesexado: invírtese a pirámide poboacional.
¿IREMOS BEN?
¿Saberemos que o futuro ímolo escribindo co que facemos no tempo presente?
¿Seremos conscientes do que estamos a facer neste momento histórico que nos toca vivir?
¿QUE ESPERAN DE NÓS?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora