Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que traio na maleta? (11)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 20 de diciembre de 2024
Eu só trouxen a miña, pero moitas por aló quedaron..., de tantos que non regresaron! ¿Quen se anima a dedicarlles, comigo, catro preces? ¡O que non o faga de corazón, que se absteña!
Que traio na maleta? (11)
Comecemos por facerlles o balance, o recoñecemento, daqueles sufrimentos translacionais, iniciais, ¡un ensaio do Destino, para que fosen aprendendo!

Si, si, Arxentina, ¡o río da prata!, pero primeiro tiñan que ir a Lugo, e se aínda non chegaran os autos de liña, e a distancia era de dúas leguas para arriba, ¡como mínimo, dous, dous desprazados, o emigrante e mailo seu acompañante, pois as bestas quedábanse no país, tiñan que retornar, volver á súa "corte" habitual; había que retornalas ao lugar de partida! Agora, que non somos capaces de ir ao "super" sen auto, ¿serémolo de imaxinarnos aqueles desprazamentos? Para ir á feira tiñamos as alforxas, ¡grazas, árabes, por ese invento cedido!, pero as al-forxas non servían para pasar o charco: ¡era preciso atar a maleta, connosco, na susodita!

¿Cantos emigrantes desta bisbarra coñecían Lugo, de antemán; a cidade centrípeta, murada; con antelación á súa fuxida migratoria? Os que entraran en quintas, si, por suposto, por esixencias da Autoridade Competente, ¡aquilo de Servi-lo Rei!, pero tamén os houbo, nun alto porcentaxe, que fuxían do país precisamente por iso, para evadirse, asustados do continente mouro, pois, só nomealo, aterraba! Pero houbo un, coñezo un, unha excepción, ¡rara avis!, que se foi para África, para e por non pasar o charco. ¿Foi listo; era un necio? Cuestión de magnitudes, ou de aventuras, xa que preferiu voar sobre o Estreito a navegar polo Charco Grande. ¡No Azúmara, de quitado o mosteirense, Camilo de Quiroga, que o fixo tirándose da ponte de Luaces, poucos aprenderan a nadar! (As piscinas mosteirenses son do XXI). El si, e que ben lle valeu, na Guerra, cando o afundimento do cruceiro Baleares, para dar chegado á costa salvadora!

O tren, herdeiro da "Carrilana", chegou a Lugo desde Coruña, ¡precisamente desde Coruña!, no ano 1875, oito antes da conexión central, así que é para pensar se non foi porque os herculinos quixeron propiciar a nosa emigración transoceánica. ¡Entre o que ganaban coa "Mala Real" inglesa, e os depósitos dos retornados, choio rotundo!
-.-

Unha anécdota persoal, real, conmovedora: Cando se marchou para Cuba o tío da miña dona, Ramón Castiñeira Castro, de Hermunde, súa irmá Josefa díxolle que lle daba, que levase, aquel paniño co que secaba as bágoas das despedidas. Aló ían tres ou catro irmáns, e aquel Ramón facía o quinto..., para librarse das quintas!

A últimos do XX veuse para España o fillo único daquel Ramón, que morreu en Cuba sendo, facendo de, boticario, en Sagua la Grande, ademais de Alcalde, e traía na súa maleta..., que llo deu á miña dona..., como un recordo familiar..., ¡aquel paniño das bágoas! ¿Cantos usaría esa xente, en días, en anos, sucesivos, para as bágoas sucesivas? Aquel relicario foi na maleta de ida, e, como non a houbo de volta, quen trouxo o relicario viaxeiro foi un Castiñeira junior, un inmigrante, outro!
-.-

¡Xa estamos en Coruña, cidade na que ninguén é forasteiro..., porque o somos todos! Así que, se afumados Que traio na maleta? (11)vimos, afumados de ilusións, agora pasamos ao carbón!

Aquí non hai despedidas, salvo para os da propia cidade e arredores; ¡os parentes, e con eles, veciños e amigos, quedaron atrás, nas terras propias; e logo que unha parte dos nosos paisanos non colleron o barco, o grande, na dársena, senón aló adiante, mar adiante, ¡na Marola!, que de aí vén o dito de que, O que pasou a Marola pasou a mar toda. ¿Pourquoi?, que temos que ir afacéndonos ás linguas estranxeiras: Elemental, querido Watson, que non o dixo Holmes, pero dígoo eu, como fan os peliculeiros, deformando, ¡ou mellorando!, os textos orixinais: Segue habendo quen di que a Marola sempre está encrespada, e que, de pasada, o resto jauja. ¡Xa, xa, non é por aí, que o segredo está en que aqueles menores, perseguidos, enfermos, ou entrados en quintas, eran levados en lanchas ata a Marola, onde agardaban por eles os transatlánticos. ¡Contrabando humano, querido Watson!

A Coruña, xunto con Vigo, claro, foi porto de recepción de maletas, ¡das maletas de volta, das cheas, pois as outras xa non viñan, non volvían!, concretamente desde que lle aboliron á Torre del Oro o privilexio de recoller as rapinas americanas. Primeiro foron as rapinas, e cando deixou de habelas, cando se esgotaron os conquistadores-requisadores, comezou o fluxo das suores migratorias. ¡Pasouse do indecente ao decente, pero tamén do fácil ao difícil!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES