Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Doutor D. Miguel Piedra

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 19 de diciembre de 2024
O doutor don Miguel Piedra Guardia, naceu en Xaén en 1901 e morreu en Mondoñedo en 1965.
Don Miguel estivo nun campo de castigo preso con outros compañeiros, e cando os deixaron en liberdade (a liberdade que tiñan daquela uns homes que habían loitado pola República), tivo que buscar un lugar para vivir mellor que naquel pobo da provincia de Soria. Aquela provincia era tan pobre entón, que foi a razón pola que os vencedores deixaron exercer a medicina a aqueles homes mozos e cheos de proxectos.
O doutor Piedra chegou a Foz a principios dos anos 40 do pasado século. Puxo pé en Foz o día 9 de agosto, véspera de San Lourenzo, e como lle pasou a San Xosé e á Virxe, non encontrou pousada. Chegou no coche de liña e durmiu no prado do Pisón O Doutor D. Miguel Piedra que había preto da fonte (detrás da actual piscina), con cuxa auga se afeitou ao día seguinte, quizais, por iso el lle tivo sempre moito cariño a aquel prado, ao que ían moitas veces, el a recordar, e os fillos a brincar e dar pincha carneiros.
Don Miguel veuse para Foz, por suxestión do tamén doutor Rafael Vior, que acabou en Burela. Nun principio non encontrou casa en Foz para vivir por coincidir a súa chegada en tempo de verán, polo que se foi para San Martiño á Casa de Cerdeiras, indo e vindo tódolos días andando a Foz. Comezou a exercer nunhas condicións que ninguén se pode imaxinar, e ao pouco tempo, volveu a Madrid a buscar á súa muller, Avelina Hidalgo Taranco e aos seus fillos. Elena que naceu en Madrid en 1936, Aurora que naceu en Cofrentes (Valencia) en 1938 e Antonio que naceu en Baraona (Soria) en 1943. O seu derradeiro fillo, Fernando, naceu en Foz en 1953.
Cando a familia do doutor Piedra chegaron á nosa vila, buscaron casa en Foz e nun principio viviron na casa de Cerdeiras en San Martiño como xa dixen, este foi o seu primeiro aloxamento. Logo alugaron un piso na casa de Magdalena Legazpi, na rúa Paco Maañón. Tiñan como único capital 57 pesetas (0,34 euros). Tempo despois, mudáronse de casa e fóronse vivir a unha situada na rúa de Lugo propiedade de don Balbino Rodríguez López, consignatario de buques e co- propietario do barco de cabotaxe, San Lorenzo de Foz.
Comezou a ter clientela e traballou moito, pero dicíase que "os madrileños" comían moi mal, claro, don Miguel era un home moi curioso e quizais alguén o viu collendo plantas silvestres e tamén un día a súa dona Avelina, descubriu nun bocado de terra que había enfronte da casa de Silvina de don Perfecto, unhas fermosas matas de alcachofas que recollía con grande ledicia, ou sexa, que non se sabía quen as plantara, pero ninguén as colectaba, agás "os madrileños". Outro detalle é que esa familia adoitaba comer fígado e o cerebro e incluso o doutor receitábaos como alimento para algún paciente.
Ao parecer, e nun principio, regalábanllos á súa dona na carnicería e dicíase que "aquela pobre xente debía estar morta de fame para comer tales porcalladas", ata que, un bo día, aquelas vísceras deixaron de ser gratis na carnicería e a dona do doutor díxolle ao seu home "Entre que parece que ya les gusta el hígado y que ademas tú lo O Doutor D. Miguel Piedrarecetas, nos has fastidiado, porque ahora me lo cobran".
Unha das curiosas anécdotas do doutor Piedra, foi a que lle aconteceu en Vián da Pastoriza en 1961.
Tivo que desprazarse a esa localidade para realizar unha autopsia a un rapaz que se suicidou pegándose un tiro de escopeta.
Para realizar a autopsia, pediu unha mesa para colocar o cadáver a unha altura razoable, polo que as testemuñas da autopsia, que eran do lugar, foron a unha casa preto do cemiterio para que lles prestaran a mesa.
Aquel día, acompañaba ao doutor o seu fillo Antonio, que tivo a fortaleza de retratar a escena a unha lóxica distancia para que a reportaxe gráfica non levara aires macabros, pero unha vez rematada a autopsia, todos foron convidados a merendar na mesma casa que lles emprestaron a mesa para a autopsia. Claro está, o que menos se esperaban os convidados, que para merendar mandáronlles sentar precisamente á mesma mesa onde se realizou a autopsia, pero nin lle puxeron mantel nin nada por arriba e incluso nin a limparon. Compre destacar que a pesar do exquisito xamón que lles ofreceron, así como bos chourizos e outras viandas, nin don Miguel nin o seu fillo Antonio puideron gorentar bocado.
A súa dona, Avelina Hidalgo Taranco, naceu en Madrid en 1910 e morreu en Irún en 1976.
Segundo Martín Fernández Vizoso, xornalista de La Voz de Galicia, compre destacar, que o doutor Piedra, xunto co doutor do Valadouro José Pérez Mel, traballaban gratuitamente nunha casa de Foz, habilitada como hospital clandestino do Servizo Secreto Británico, para curar e atender a republicanos despois da guerra civil española. Esta casa de arquitectura indiana, chámase "Villa Modesta", propiedade de Ramón Couto e a súa dona Ofelia Diéguez, actualmente propiedade da súa filla Gloria Couto Diéguez.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES