Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Financiación para todos

lunes, 15 de junio de 2009
Caixas e Bancos seguen pechados en banda, sen aclararse co tema dos cretos para facer máis fluída a circulación de bens, para dar un respiro ás pequenas e medianas empresas, e para insuflar ánimo moral a unha sociedade que está agardando por calquer sinal que indique que a situación empeza a mellorar.

E os comentarios naturais sobre a crise que nos envolve, os últimos días empezaron a mesturarse cos derivados non xa do futbol seno da economía deste deporte, alterada polo último contrato mil millonario suscrito polo novo Presidente do Real Madrid, que á larga se supón vai seer un magnífico negocio pero polo de pronto é un risco que dalgún xeito hai que afrontar.

Suponse que calquera operación que unha empresa efectúa -e esta é unha operación dunha sociedade anónima- precisa respaldo bancario para poder plantearse porque é imposible afrontala de xeito persoal ou empresarial. Polo tanto, ten que haber empresas ou institucións -bancos ou Caixas de aforro- que se involucren na operación, arrisquen apoiando o investimento, e confíen no excelente resultado que esta fichaxe vai ter para o club blanco.

E ben está que así sexa, porque o futbol tense convertido nun negocio global, e os grandes equipos -Madrid e Barcelona por exemplo- teñen sona mundial e conseguintemente negocios en todo o mundo. Ben está que os bancos apoien os grandes negocios do futbol. Pero non só esos.

Non poden as entidades bancarias usar un doble raseiro, apoiando ós grandes e esquecendo ós pequenos. E algunha influencia terán que ter e emplear os poderes públicos para facerlles cambiar de opinión e de comportamento.

Financiación para as grandes operacións de risco, naturalmente que si. Pero tamén para todas as demais, tan necesitadas como aquelas, e seguramente moito máis seguras e rendibles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES