Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marcial González Vigo

viernes, 12 de junio de 2009
Marcial Gonzlez Vigo MARCIAL GONZÁLEZ VIGO: AS HOMENAXES? PARA OS VIVOS
Porque de mortos, xa nolas farán. Por iso sempre pensei que se debería homenaxear a unha persoa mentres está a desenrolar entre nós as súa actividade, a súa maxia. E iso é o que quero facer eu hoxe coa súa complicidade.

Non coñezo a Marcial máis aló de coincidir con el tomando algún viño pola Acea de Olga, eu coa miña familia, el so ou con algún amigo, polo xeral Chema, a quen si coñezo dende hai anos, bo rapaz o da Cope. Quizais o coñezan máis vostedes, xa que acostuma a escribir neste mesmo foro, o novo son eu.

Mais si sei quen é Marcial González Vigo. E por saber quen é, a súa traxectoria e andainas, polo menos dende aquí quero recoñecer a súa labor, labor histórica para esta cidade e para esta provincia. Homenaxe humilde, que non se estenderá máis destas liñas, pero ben merecida, e sen dúbida pouca cousa para os méritos acadados.

Ás veces sorprende, e xa falo como cidadán de a pé, a valoración de tales méritos para que os recoñecementos, as homenaxes, sexan públicas e máis axeitadas a quen as gaña con esforzo, xenerosidade, e a suor da súa fronte. E sorprende que un vencellado dende sempre ao mundo da cultura, premiado ata o infinito con numerosos galardóns periodísticos e radiofónicos, este a pasar case de perfil entre moitos lucenses que non saben do que estou a escribir.

Aí van as probas, logo daranme ou quitaranme a razón. Os mais maiores recordaran a participación de Marcial en “A Carón”, ou noutros programas de Radio Popular ou da Ser. Recordarán, isto xa o recordamos todos, “Terras de Lugo”, “Terras do concello de Lugo”, “Terras de Lugo, o libro da cidade e das parroquias do concello de Lugo”, ou as máis antigas “El Dios de Roma que lloró por Lugo”, “Medio cento de galegos e Rosalía”, ou quizais para os máis mozos a súa última, que non derradeira, “Cántigas”, fermosísima e digna de toda louvanza e admiración polos que de cando en vez tamén nos atrevemos a enfrontarnos a unha folla en branco.

Si caeron na conta da súa paixón pola comunicación e maila cultura, os seus compañeiros; de aí que este home, atesoure no peto dúas ducias de premios galegos, Nacionais, e ata Internacionais. E vémolo como se tal cousa, tomando os seu viños pola Acea e sen alardear do que outros seguro farían. E que así siga sendo, pois como lles dicía, se chegan homenaxes e recoñecementos, que cheguen agora. Logo, home están ben, mais...
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES