Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'O Corazón deste Concello', Begonte do Belén

Pol, Pepe - viernes, 20 de diciembre de 2024
Grande e moi acertada forma de definir o belén de Begonte, foi a que deulle D. Román Rodríguez González , Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e F.P. da Xunta de Galicia, no emotivo Pregón do Nadal que impartira no Centro Cultural "Xosé Domínguez Guizán" o derradeiro sábado de Novembro , inaugurando unha nova edición deste Nacemento, o nomeu coma "o corazón deste concello".
En verdade que este belén é o corazón begontino porque o seu latexar é o sinal de cos pobos do medio rural están en Galicia moi vivos. Eses latexos aúnan os tempos pretéritos, cos deste presente e preparan un camiño futuro cheo de respeto aos valores tradicionais e a espiritualidade. Os veciños begontinos que viron xermolar e agromar nesta abraiante flor poblacional ese belén vai xa 53 anos non pensarían naquel intre que ese sería o motor do seu pobo.
O corazón de Begonte, grazas ao esforzó dos seus creadores, D. Xosé Domínguez Guizán e D. Xosé Rodríguez Varela, arroupados por un grupo de incansabels traballadores que, ano tras ano e día tras día, axudan a propagar eses latexos que evidencian de ca nosa tradición galega estea moi viva e no "Corazón deste Concello", coma definira o belén de Begonte D. Román Rodríguez González, está a base para que esta Terra Chairega sexa un exemplo para Galicia e España de que o corpo dos pobos estará sempre vivo e vigorizante se coidamos o Nadal e facemos del, seguindo o modelo begontino, un corazón porque en verdade que cada Noiteboa temos que sentir eses pálpitos espirituais e comprender que durante todo o ano o noso vivir no debe ser alleo a esas pulsacións, a chamarada da fe.
Os meus parabéns para Begonte por ter un corazón tan abraiante e, o noso agradecemento por ensinarnos o señor conselleiro, D. Román Rodríguez, no seu emotivo pregón que o "corazón deste concello" está no Centro Cultural "Xosé Domínguez Guizán" e ten por nome o belén de Begonte.
Desde este sábado trinta de Novembro de 2024 aprendemos neste pregón, que non pudimos vivir en directo pero si disfrutamos coa súa lectura na súa publicación neste diario dixital, Galicia Dixital, de que o Corazón de Begonte temos que cuidar da vosa saúde entre todos ainda que contes con eses verdadeiros especialista que encabezan e aseguran a vosa protección, coma o seu anterior doutor en espiritualidade, o crego D. Xesús Domínguez Guizán, que foi, ata o ano pasado, presidente deste Centro Cultural, e D. Xulio Xiz, actual presidente do mesmo, que moi ben soubo e sabe tomar o pulso deste corazón begontino co seu axeitado pulsómetro; e sempre acompañado de Ramiro, Carlos , Sito e outros membros desa xunta directiva, que coidan manter o ritmo deste belén no seu nivel máis axeitado. Todas estas persoas que activan este singular corazón son cristiáns exemplos para que as xeracións venideiras non deixen paralizar nunca este singular corazón que está chamado a ser eterno porque das súas aurículas e ventrículos sae o sangue da máis anterga tradición mesturada coa modernidade e baseada nos glóbulos brancos espirituais que inmunizanno e os vermellos que oxigenan a nosa alma en tanto as praquetas da fe fan cicatrizar calquera posible ferida pecaminosa. Cada Nadal os resultados do seu singular electrocardiograma son inmellorabels quedando evidente cos milleiros de visitantes que acoiden a engrandecerse humanamente escoitando a perfecta unidade na pluralidade das figuriñas, quenes cos seus latexos laboriosos fan de Begonte un pobo onde a espiritualidade se vive na súa máxima expresión porque esa flor de fe soamente agroma cando a tradición está plenamente enraizada na terra galega, coma neste caso.
Corazón de Begonte, hoxe coma onte, latexas firme e pleno sen arritmias porque as xentes que están ao teu carón, os teus veciños/as, saben moi ben a principal razón do seu existir, facer co Nadal sexa plena realidade e non un simple desexo dunhas tan entrañabels e especiais datas.
¡Longa vida ao corazón de Begonte, este belén grandioso e abraiante!
Begonte do belén, moi grande é porque no seu ser fúndense a fermosura da terra do noso querer e o ceo cun día, grazas ao corazón teu, seremos merecedores de coñecer!
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES