Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os pequenos concellos

viernes, 12 de junio de 2009
Ata agora, foron os grandes esquecidos. Os máis agredidos.

A Administración central restrínxelles ingresos mentras se lles acumulan novos servizos e prestacións, e os seus habitantes foxen hacia as capitais de comarca ou de provincia.

Teñen na práctica as mesmas obrigas que os concellos grandes, pero os seus ingresos son ínfimos por licencias de obras, ata agora a máis importante fonte de financiación municipal. En tanto, teñen que asumir por imposición ou necesidade social as áreas de promoción cultural, de fomento empresarial, de servizos básicos, atención domiciliaria a persoas maiores e un cento de funcións máis.

En tanto, quizais porque estas accións chegan tarde, fóronse despoboando. E agora que chega a enerxía eléctrica, o teléfono e as estradas á última casa da última aldea, resulta que esa casa leva tempo abandoada porque os vellos morreron e os novos fóronse para a vila onde atoparon rúas asfaltadas, traballo para a subsistencia, e colexio para os rapaces sen longos traxectos en autobús.

E sen embargo, os pequenos concellos tamén existen, e queren seguir existindo, pensando que a xente pode volver e revivir os núcleos hoxe mortos.

Nesa liña parece ir o proxecto que anunciou días pasados en La Bañeza o Presidente do Goberno cando anunciou para 2010 unha liña especial de axudas para concellos de menos de trinta mil habitantes, cunha dotación de cinco mil millóns de euros a aplicar en investimentos productivos sostibles, renovación tecnolóxica, aforro enerxético, sostibilidade medioambiental e equipamentos sociais para cumprimento da lei de Dependencia.

En Galicia non podemos falar de concellos de menos de trinta mil habitantes, que son os menos. Habería que pensar en concellos de menos de cinco mil, tres mil ou dous mil habitantes. Pero algo é algo, que todos precisan axuda urxente e importante.

O rural galego precisa un plan especial e propio. Esto que o Presidente anuncia é un bo comezo, pero fai falla algo máis forte, de maior calado, máis incisivo para loitar contra o abandono rural dunha vez por todas. Seguiremos agardando.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES