Afán de superación
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de diciembre de 2024
Nótase no ambiente que estamos en festas.
A verdade é que tantas luces iluminando ciudades e aldeas dinnos que algo máxico está pasando.
Aproxímanse unhas festas moi entrañables
Hai moito movemento de persoas e de mercadorías:
Os estudiantes: enchen as rúas e os fogares de sabia renovada.
Os dias festivos convidan a viaxar, a ver mundo...
Moitos soñan con que lles toque a lotería
Todo é diferente.
Respírase bullicio, respírase ledicia.
Respíranse FESTAS NADALENCAS
Estas festas serven para levantar os ánimos.
A CRISTIANDADE ESTÁ DE FESTA E O RESTO DO MUNDO TAMÉN, PORQUE A LEDICIA DO NADAL É CONTAXIOSA.
Os cristiáns celebramos que todo un DEUS se fai humano para manifestarnos o seu inmenso amor.
El é o Camiño que nos conduce a vivir en plenitude a fraternidade humana.
O Nadal estimúlanos para superarnos cada día no afán de construír un mundo mellor para todos.
-As criaturas afánanse en alegrar os fogares con ledicia e cariño.
-Os adultos afánanse por facer moi hospitalarias estas festas.
-Os negocios fan caixa.
-Todos nos felicitamos desexándonos o mellor.
Estas festas son as vitaminas necesarias para fortalecernos e para non desfalecer ante os avatares da vida.
Son unas festas que coinciden co cambio de ano e invitan a renovarse e por eso facemos proxectos para unha vida nova nun novo ano.
Parece que todo vai: "vento en popa e toda vela".
Pero...
¿NON PRECISAREMOS ALGO MÁIS?
Realmente todos precisamos remontar porque estes tempos non se sabe moi ben que camiño levan.
Xa non se respira a calidez humana que se respiraba noutros tempos.
Xa son menos as familias que poñen o nacemento para lembrar como chegou o Fillo de Deus ó mundo.
Xa son menos os que cantan panxoliñas arredor do Belén.
Xa son menos as familias que se manteñen unidas.
Xa son menos as persoas comprometidas.
VÍVESE MOITO DE CARA Á GALERÍA.
Adórnanse máis que nunca as cidades e os pobos; pero a procesión vai por dentro.
Consúmense moitas cousas perecedeiras que deixan a alma baleira.
As persoas maiores non comprenden por que a xente nova no é feliz tendo tanto como ten.
DIN QUE NOUTROS TEMPOS ERAN FELICES TENDO MOI POUCO.
Contan que: os nenos se divertían xogando ó fútbol con pelotas feitas con trapos e que as nenas xogaban ás casas con bonecas feitas cun carolo de millo.
Tamén hai quen conta que cada ano lle cambiaban de vestido á boneca para que pensaran que se trataba dunha boneca nova.
No medio rural galego incluso fabricaban os seus propios xoguetes con nabos ós que convertían en carros, casas, animais enraizados na cultura popular e no medio de vida do momento.
Os nosos maiores eran moi creativos, desenrolaban moi ben a imaxinación.
Por eso se di que:
A NECESIDADE AGUDIZA O INXENIO
Podemos aprender moito dos maiores, que se inxeniaban para ser felices: sen gastar en regalos, sen televisión, sen ordenadores, sen teléfonos, sen intelixencia artificial...
Ó longo da historia os tempos cambian moito; pero os humanos seguimos necesitando alicientes para mellorar a nosa calidade de vida.
Temos máis que nunca; pero compartimos menos.
Pero as apariencias enganan.
NON É OURO TODO O QUE RELOCE
Cómpre afanarse en poñer máis amor nas nosas vidas.
O consumismo e o materialismo están ben para os que fan negocio; pero o ser humano precisa algo máis: CARIÑO, COMPRENSIÓN, COMPAÑÍA, TEMPO...
Aínda que pareza mentira as cousas que non costan cartos tamén se agradecen moito.
Pecisamos afanarnos polo que verdadeiramente corre perigo hoxe en día: os valores na célula básca da sociedade, na familia.
"OS VALORES NA VIDA FAMILIAR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora