Unha historia milenaria que comezou na conquista do homo sapiens dunha nova Europa desconxelada e ten a súa culminación na reconquista de varios Imperios, que caen baixo as espadas dos nosos anónimos batalladores, os que viven nas lendas que ainda contan nos contos e que resisten nos nosos soños dos que ainda temos unha "Patria

Sentimental" latexando nos nosos corazóns, certamente celestes e galaicos.
(...) de aquí tuvo principio y se originó borrar el Dragón verde y León rojo (armas de los Reyes suevos que al tiempo tenían en este Reyno su corte), y trasladar al dorado campo del escudo de sus armas, la Hostia, no dentro de vaso Sacramental oculta (...)
Todo o demáis, xa alleo a wikipedia e das páxinas oficias, é un compendio de textos inventados nada creíbles, antónimos da realidade histórica, co obxectivo único e claro, de vender bandeiras co escudo e o Santo Grial, vía MRW, ou previo pago. Pero, nada que ver coa verdadeira historia do Escudo Orixinal Suevo que loitou nas Santas Cruzadas, xa co Cáliz, sen cruces nin a Santa oblea, e co dragón vermello, tamén no avance contra a Invasión de Al-Andalus, onde cabaleiros do Reyno propiciaron a "re-Conquista" dos Territorios Ocupados polos Califatos de Córdoba, ata o momento histórico no cal, o Reyno de Gallaecia facía fronteira con Córdoba e Cádiz, unha vez derrotada e rendida a Cidade de Sevilla. Polo cal chegou Galicia a facer fronteira coas Vascongadas en Aranda del Duero e co Reyno de Aragón, que política e militarmente, acabou triunfando e impoñendo as súas leis e condicións, sobre a Coroa dos Reis Galegos nas Castelas, exceptuando un breve tempo no que os Irmandiños tomaron por asalto algún castelo. A última nesta estirpe, abofé, sería Isabel, a Católica, pois non decía esa frase: "tanto monta, monta tanto..., senón, ... "tanto monta, monta tanto... cortar como desatar, ou sexa, tomar Castela por unión de casamento obrigado ou invadila e facer Aragón sangue de espada e triunfo violento. Moitas mentiras se dín e se dixeron pero a historia segue nos libros e na wikipedia para aquel que se interese por saber a realidade e a verdade sobre a longa e fermosa historia real do que hoxe é España, como un Estado Pluri-Nacional, composto por Pequenos Países, que inventaron e re-conquistaron e fundaron esa España... que certamente son moitas Españas, e todas cunha historia que contar. Agora, xa con cáliz no escudo e con cruz, pero nun Estado laico, ou eso dín.
Fonte imaxes: Real Academia de la Historia *
*Escudo de los reyes suevos de Galicia en Títulos de los Reyes de España de Valonga y Gatuellas (c.1660-1665)