Hoxe acto con Ramón Loureiro Calvo, escritor e xornalista, no gran salón comedor do Restaurante A Gurita no Concello de Paderne a 2 kilómetros de Betanzos na estrada de Betanzos a Irixoa. Asistencia aberta a toda persoa. Depois comida no mismo local.

Nun acto organizado pola UNED SENIOR CORUÑA, o escritor e xornalista de La Voz de Galicia, Ramón Loureiro, Premio Julio Camba e unha das figuras centrais da narrativa hispana actual, estivo en Paderne para falar do seu particular universo literario, dos seus recordos de infancia e do seu profundo afecto pola cultura rural e polas xentes, que, co seu esforzo, manteñen vivos en Galicia os sectores agrícola e ganadeiro. Autor de libros como "Las galeras de Normandía", que o máis importante crítico literario da lingua española, o recordado Miguel García-Posada, calificou de "obra mestra" das "letras hispánicas", Loureiro mantivo un coloquio cos alumnos da UNED SENIOR CORUÑA, aos que falou, entre outros temas, da importancia de manter vivo o hábito de contar historias ao calor do lume do fogar. Medio cento de alumnos da clase de Historia da UNED SENIOR CORUÑA, alumnos de Xermade, Monfero, Paderne, Betanzos e outros.