Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O suicidio dun can

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 12 de diciembre de 2024
O día 7 de febreiro de 1952, partindo de Foz con rumbo ao Musel (Xixón), o barco de cabotaxe Sofía López, o seu contramestre ao ir buscar o seu relevo de garda preto das doce da noite, esvarou sobre da cuberta de piñeiros, e caeu ao mar, onde pereceu afogado.
Xa noutra ocasión caeu tamén ao mar, pero o accidente aconteceu de día e puido ser salvado.
O contramestre, José López Pérez (Ollomouro), natural de Foz, que pereceu no mar, non tiña moita "amizade" co can de abordo e dicía con moita frecuencia que había que tiralo un día ao mar. Ameazábao, e lle zoscaba algún puntapé de vez en cando. Cando o contramestre caeu ao mar uns meses antes, o can debeu coñecer a angustia do home sobre da auga en proceso de perecer, que o can comezou a ladrar ata o punto, que tales ladridos chamaron a atención do resto da tripulación, e acudiron en auxilio de José, ao cal rescataron da auga e o subiron a cuberta. A partires de aquel día, José e o can fixéronse grandes amigos e se levaban moi ben.
Cando o contramestre nesta ocasión morreu, o can púxose moi triste, e viña a bordo do barco agochado nalgunha parte sen relación ningunha co resto da tripulación.
Nesta segunda viaxe que fixeron de Foz ao Musel, faltou o can de abordo. O patrón que viña ao mando do barco, decatouse de que no mesmo lugar onde caera o contramestre navegando pola noite, cruzou pola cuberta unha sombra breve, que foi parar ao mar, era o can de abordo, que quixo quedar no mesmo sitio onde se afogou o contramestre José López Pérez.
Lembremos, que o barco de cabotaxe Sofía López, era propiedade de Damián López de Castro Ferrería, empresario natural de Vilaronte, Foz. Este barco tiña un irmán tamén de cabotaxe, que se chamaba Adela López, ambos eran os nomes das dúas fillas deste empresario.

NOTAS: Texto recollido do xornal La Nueva España de Asturias, do día 7 de febreiro de 1952. Traducido ao galego.

Os celos dun can
Despois de que liches este caso sobre do 'Suicidio dun can', agora quero contarvos outra historia tamén real, que non é para chufar moito aos nosos queridos peludos, os cales nos poden sorprender moito, tanto por ben como por mal. Aclarar, que este caso non é único, pero que cada cal analice esta historia como lle pareza, sodes libres de facelo.

COMEZAMOS:
Saímos por un momento á rúa, e introducímonos na casa dunha de tantas familias da nosa contorna. Un matrimonio ambos moi novos.
Ocorréuselles adoptar un canciño. Fóronse a unha protectora e escolleron o máis pequeno que había. Era un can marrón moi bonito (non vou dicir a raza).
O can medraba a pasos axigantados e era o xoguete da casa. Xoguetón, cariñoso, intelixente, submiso e comedor, comía de todo.
Nesto, a rapaza queda embarazada. O primeiro en sabelo foi o can. Cando a dona se sentaba, o can poñíase no seu colo e colocaba a orella na súa barriga a escoitar os latexos de aquel novo ser que viña ao mundo. O can sempre pendente da súa dona, pois para onde ela ía, ía tamén o can por toda a casa.
Por fin, a rapaza chégalle a hora de parir e lévana ao hospital. En poucos días, de novo na casa co seu bebé, unha preciosa nena.
Ao entrar pola porta coa nena no colo, o can comeza a ladrar e dar voltas ao redor de quen levaba á nena no colo. De aí en diante, parece que o can se fai gardián da nena. Cando está no berce durmida, o can deitase no chan á súa beira, pero sempre coa cabeza erguida, sempre estaba alerta.
Normalmente cando mudaban os cueiros ao bebé era encima da cama e o can nun salto máxico subíase á cama para ver como lle facían carantoñas á nena e como lle mudaban a roupa. O can parecía o seu anxo protector.
Cando a dona lle daba a teta á nena, parecía como se o can se volvese tolo. Non paraba de dar brincos e voltas e ladridos como demostrando a súa inmensa felicidade.
Pero un día, estando a dona do can soa na casa, precisou de ir ao baño. Colleu unha manta e puxo á nena sobre dela no chan e o can deitouse a carón da nena. A señora, deille orde ao can, de que mentres que ela ía ao baño, que coidara ben da nena e o can fixo como entender a orde e ceibou un ladrido.
Está a rapaza no baño, cando de súpeto sinte berrar á nena. Apurou o máis que puido e vai correndo á habitación onde estaba a nena e o espectáculo horroroso que ven os seus ollos é aterrador, ve ao can roéndolle na cara á nena.
Para socorrer á filla, viuse negra, pois o can comezou a obra e quería rematala. A nai da cría, pegáballe ao can co puño pechado na cabeza, intentando separalo da filla, ata que ao final o conseguiu.
Meteron á criatura nunha ambulancia e aló se foron ao hospital. A reposición da cara levou o seu tempo, pois as operacións a unha nena de escasos meses non eran doadas.
Tanto os médicos como os veterinarios consultados pola familia, coincidían de que o can estaba celoso desde o día mesmo que se decatou de que a muller estaba preñada, pero a súa intelixencia, levouno a estudar día a día a vinganza e de como desfacerse de quen supostamente lle arrebatou o protagonismo e o amor dos seus donos.
Por recomendación profesional, o can tivo que ser sacrificado, pois sabíase que estaba sufrindo de celos coa nena e con outra familia de adopción, podería pasar algo, se non igual, parecido.

NOTA: Este é un caso totalmente real, só que o adaptei un pouco para non dar pistas da familia afectada.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES